Jaime Pita: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
Na actualidade conserva o seu escano de diputado no Hórreo, onde exerce coma vicepresidente segundo da [[Parlamento de Galicia|Cámara]]. |
Na actualidade conserva o seu escano de diputado no Hórreo, onde exerce coma vicepresidente segundo da [[Parlamento de Galicia|Cámara]]. |
||
{{Start box}} |
|||
{{Succession box|título=[[Imaxe:Escudo de Galicia.svg|50px]]<br>[[Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza|Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas]] |período=1998-2005|predecesor=|sucesor=[[José Luis Méndez Romeu]]}} |
|||
{{End box}} |
|||
[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia|Pita Varela, Jaime]] |
[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia|Pita Varela, Jaime]] |
||
[[Categoría:Conselleiros da Xunta|Pita Varela, Jaime]] |
Revisión como estaba o 8 de agosto de 2008 ás 14:21
Jaime Alberto Pita Varela é un político galego (Betanzos, 1944 - ), membro do Partido Popular, e vicepresidente segundo do Parlamento de Galicia.
Biografía
Jaime Pita naceu en Betanzos o 13 de xuño de 1944. Neto do construtor orixinal do famoso "Globo de Betanzos", Claudino Pita Pandelo, estudiou Técnicas Directivas nas universidades de Santiago de Compostela e de Navarra, accedendo por oposición á praza de profesor de bacharelato.
En 1983 presentouse coma candidato á alcaldía de Betanzos, por Alianza Popular. A pesares de perde-las eleccións, obtén o cargo de concelleiro, que revalidaría nos anos 1987, 1991 e 1995 (nas dúas últimas ocasións xa baixo as siglas do Partido Popular). Igualmente, e dende 1989, Pita compaxinaría esta labor coa de deputado no Parlamento de Galicia, do que forma parte ininterrompidamente dende a III lexislatura, e no que foi voceiro do Partido Popular nas lexislaturas V e VI. Contundente, incisivo, e fortemente conservador, deste período destacan os seus enfrentamentos verbais coa oposición, especialmente con Xosé Manuel Beiras, voceiro do Bloque Nacionalista Galego.
En 1998 é nomeado Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas, no terceiro goberno de Manuel Fraga, razón pola que dimite coma concelleiro na súa cidade natal. Mantén o cargo no seguinte goberno da Xunta, e ata a derrota do PP nas eleccións autonómicas de 2005.
Na actualidade conserva o seu escano de diputado no Hórreo, onde exerce coma vicepresidente segundo da Cámara.
Predecesor: ' |
Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas 1998-2005 |
Sucesor: José Luis Méndez Romeu |