William Wallace: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m bot Engadido: sl:William Wallace
Liña 104: Liña 104:
[[simple:William Wallace]]
[[simple:William Wallace]]
[[sk:William Wallace]]
[[sk:William Wallace]]
[[sl:William Wallace]]
[[sr:Вилијам Волас]]
[[sr:Вилијам Волас]]
[[sv:William Wallace]]
[[sv:William Wallace]]

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2008 ás 10:09

O heroe escocés William Wallace intentou liberar Escocia da ocupación inglesa, mais non o conseguiu debido ás súas diferenzas ca nobreza escocesa e á forza dos ingleses. A independencia de Escocia foi acadada anos despois da súa morte por Robert I the Bruce.

William Wallace foi un patriota escocés, nado no ano 1272 en Elerslie e morto en 1305 en Londres. Dedicou a súa vida á defensa da independencia de Escocia, fronte a política expansionista de Eduardo I de Inglaterra, o cal aspiraba a unir os reinos inglés e escocés.

A xuventude de William Wallace

Cando era pequeno, viveu nunha caótica Escocia que non era quen de decidir qué rei sucedería ó recentemente morto Alexandre III. Pasou a súa adolescencia, por causa do asasinato do seu pai e do desterro da súa nai, en Dunipace, sendo educado por un tío seu, o cal era clérigo e lle permitiu aprender latín e outras linguas.

Á idade de vinte anos medía dous metros de altura, e se ben hoxe en día esa altura non pasa desapercibida, naquel tempo, cando a xente tiña unha moi baixa estatura media, era considerado un xigante.

Os abusos cometidos polos ingleses a unha poboación escocesa que non se quería dobregar eran cada vez peores, así que o xove William Wallace abandoou os seus estudios eclesiásticos e uniuse a un grupo de xoves escoceses que se dedicaban a combater ós soldados ingleses que tiñan ocupada Escocia.

O bautismo de fogo de William Wallace

William Wallace formou parte dun grupo duns cincuenta xoves escoceses, que o seguiron ata un lugar chamado Loudun Hill, onde vivía o cabaleiro inglés que matara ó seu pai, chamado Fennwick.

O grupo escocés, catro veces menor á tropa que Fennwick tiña á súa disposición (catrocentos homes), venceu ós ingleses, morrendo case a metade deles, incluíndo a Fennwick. A vitoria do grupo de William Wallace e mailo sentimento de ter cumprida unha vinganza non lles abondou, senón que se fixeron coas pertenzas dos soldados ingleses ós que venceran, coma armamento e cabalos.

A partir deste acto, as autoridades inglesas puxeron prezo á súa cabeza, polo que el e os seus compañeiros se refuxiaron no bosque de Ettrick durante cinco anos, mais non pararon as súas actividades: dende aquí William Wallace seguiu dirixindo ataques espontáneos a exércitos ingleses.

Durante a estadía de William Wallace en Ettrick non se dedicou soamente a obxectivos bélicos, pois, en fugaces saídas do bosque ía a Lanark, cidade na que cortexaba á xove Marion Braidfute. O sheriff que gobernaba a cidade, chamado Hazelrig, sabía das impunes entradas e saídas á súa cidade de William Wallace, e intentou obrigalo a vir á cidade para capturalo matando ó irmán de Marion.

Acompañado dalgúns dos seus compañeiros, William Wallace causou unha matanza na tropa inglesa ó atacala, mais a superioridade inglesa obrigouno a marchar da cidade sen levar a Marion consigo. Hazelrig, despeitado de non capturalo, matou a Marion.

William Wallace axiña volveu a Lanark para vingarse, e acompañado por casi todo o seu reximento, fixo un ataque noturno sobre a cidade, que tivo éxito e lle permitiu pasar a coitelo a tódolos varóns do lugar, deixando vivo só ós nenos, mulleres e relixiosos.

A sona do escocés aumentou tras ese ataque, e moitos xoves escoceses fixeron grupos guerrilleiros para combater ós ingleses a exemplo de William Wallace.

Cara a batalla de Stirling

A situación dos exércitos ingleses que ocupaban Escocia foi crítica, así que Eduardo I decidiu zanxar o asunto enviando un enorme exército de 40 000 soldados e 300 xinetes de cabalería pesada.

En xullo de 1297 tivo lugar o primeiro combate, en Irvine, onde William Wallace, abandonado por uns nobres escoceses que non quixeron participar nun combate no que serían subordinados dun plebeo, foi derrotado e tivo que refuxiarse no norte.

Sen embargo, William Wallace volveu á carga con 500 homes e enfrontouse novamente ós ingleses, o 11 de setembro de 1297, na ponte de Stirling, onde se enfrontou a un exército moito maior, de 10.000 homes, moitos deles veteráns de diferentes guerras. Os ingleses perderon a cabalería ó ser afundida a ponte pola que pasaba, polo seu peso. A estratexia inglesa, baseada no uso da cabalería pesada, veuse afundida xunto a ela polo paso duns eufóricos escoceses.

A raíz desta gran vitoria, William Wallace foi chamado a Edimburgo, onde foi nomeado pola nobreza escocesa Gardián de Escocia.

Cara a batalla de Falkirk

Eduardo I de Inglaterra, que se atopaba combatendo nunha guerra en Flandes, quedou inquietado pola derrota do seu exército, e decidiu volver a Gran Bretaña para enfrontarse en persoa ós "criminais" escoceses.

Cando Eduardo I chegou a Londres, os escoceses invadiran Inglaterra, tomando un gran número de cidades. O monarca inglés abandoou a súa capital cun inmenso exército e dirixiuse cara ó norte, poñendo en fuga ós escoceses e recuperando as cidades inglesas.

William Wallace, ante o imparable avance inglés cara ó norte, puxo en práctica a táctica da terra queimada, mais non sirveu de nada ó contar os ingleses cun continuo suministro chegado de Irlanda.

O Gardián de Escocia tivo entón que facer fronte ó exército inglés. Xa tiña poucas posibilidades de vitoria ó enfrontarse a un exército tres veces superior, pero ademais foi traicionado por un importante sector da nobreza, que non o sigueu para ir á guerra. Entre estes nobres estaba Robert I the Bruce, que despois da morte de William Wallace vencería ós ingleses e se coroaría rei de Escocia.

O choque entre William Wallace e Eduardo I tivo lugar en Falkirk, onde os escoceses foron aplastados polos ingleses. O líder escocés veuse obrigado a fuxir, o cal lle fixo baixar a popularidade e renunciar ó seu título de Gardián de Escocia.

Eduardo I, tras derrotar ó único home que cría que podería botar ós ingleses fóra de Escocia, perdoou a todos os que xa loitaran contra el, e logrou nomear un rei para Escocia: John Comyn.

O final do antigo gardián de Escocia

Esta torre, localizada preto da cidade escocesa de Stirling, onde William Wallace alcanzou a súa primeira gran vitoria fronte ós ingleses, é un monumento construído en honor do heroe escocés.

William Wallace estivo un tempo no estranxeiro, e o propio rei Filipe IV de Francia, rival de Eduardo I de Inglaterra, lle ofreceu títulos nobiliarios e terras onde crear o seu feudo. Sen embargo, o escocés estaba demasiado comprometido coa causa de liberación do seu país e voltou a el pouco despois.

En Escocia, William Wallace foi traicionado por un antigo compañeiro de armas, Sir John de Menteith, quen logrou levalo ata un castelo onde foi feito prisioneiro. Un destacamento inglés recolleuno e levouno ata Londres.

En Londres, foi acusado de alta traizón, o que el negou argumentando que non puiden cometer unha traizón ó rei inglés pois nunca lle xurei lealdade. Por non recoñecer a suposta traizón, foi torturado no centro de Londres.

A tortura de William Wallace foi atroz: aforcárono durante un curto tempo, cortáronlle os xenitais e fóronlle sacados os intestinos e queimados no lugar. Tras ver que non abxuraba, foi finalmente executado. A súa cabeza foi posta nunha pica na entrada de Londres, e cada unha das súas extremidades foron levadas a cada un dos extremos de Inglaterra.

A continuación da loita pola independencia escocesa

A guerra pola independencia de Escocia foi finalmente acadada por Robert the Bruce, que reclamaba o trono escocés e venceu ós ingleses en Bannockburn, tralo cal comezaron a abandonar Escocia. A independencia non foi recoñecida polo rei inglés, pero si polo seu sucesor, Eduardo II de Inglaterra.

A película de Braveheart

En 1995, Mel Gibson protagonizou e dirixiu un filme chamado Braveheart, no que se abordaba a vida de William Wallace. A película buscou máis o espectáculo que a reprodución fiel da biografía do heroe escocés: as batallas representadas son moi diferentes ás que dirixiu o William Wallace, e este non tivo nunca unha relación coa princesa inglesa (o mesmo Mel Gibson o di nos seus comentarios da película).