Vitamina B2: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: ko:비타민 B2 |
m bot Engadido: eu:B2 bitamina |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
[[eo:Riboflavino]] |
[[eo:Riboflavino]] |
||
[[es:Vitamina B2]] |
[[es:Vitamina B2]] |
||
[[eu:B2 bitamina]] |
|||
[[fi:Riboflaviini]] |
[[fi:Riboflaviini]] |
||
[[fo:Riboflavin]] |
[[fo:Riboflavin]] |
Revisión como estaba o 16 de marzo de 2008 ás 21:50
Esta vitamina hidrosoluble, tamén coñecida como riboflavina, intervén nos procesos encimáticos relacionados coa respiración celular, en oxidaciones tisulares e na síntese de ácidos grasos. É necesaria para a integridade da pel, as mucosas e pola súa actividade oxigenadora da córnea para a boa visión. A súa presenza faise máis necesaria cantas máis calorías incorpore a dieta.
As súas fontes naturais son as carnes e lácteos, cereais, fermentos e vexetais verdes.
A súa carencia xera trastornos oculares, bucais e cutáneos, cicatrización lenta e fatiga. Á súa vez, a carencia desta pódese ser causada por réximes non equilibrados, alcoholismo crónico, diabetes, hipertiroidismo, exceso de actividade física, estados febrís prolongados, lactación artificial, tensión, calor intensa e o uso dalgunhas drogas.
As súas necesidades diarias son de 1,5 mg para nenos e de 1,7 mg para adultos. Por outra banda, a riboflavina non é almacenada polo organismo, polo que o exceso de consumo elimínase por vía urinaria.
Esta vitamina é sensible á luz solar e a certos tratamentos, como a pasteurización, proceso que fai perder o 20% do seu contido. Por exemplo, a exposición á luz solar dun vaso de leite durante dúas horas fai perder o 50% do seu contido de vitamina B.
É un aditivo alimentario permitido pola Unión Europea, identificado polo código E-101.