Karl von Frisch: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 35: Liña 35:
Sen dúbida as súas achegas á [[apicultura]] foron enormes, dado que delas desprendéronse
Sen dúbida as súas achegas á [[apicultura]] foron enormes, dado que delas desprendéronse
coñecementos como o rango de acción da especie '' [[Apis mellifera]] ''. Outorgóuselle o
coñecementos como o rango de acción da especie '' [[Apis mellifera]] ''. Outorgóuselle o
[[Premio Nobel]] en [[1973]], compartido con [[Konrad Lorenz]] e [[Nikolaas Tinbergen]]
[[Premio Nobel de Medicina]] en [[1973]], compartido con [[Konrad Lorenz]] e [[Nikolaas Tinbergen]]


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
Liña 45: Liña 45:
para a entrega do Nobel 1973] (en inglés)
para a entrega do Nobel 1973] (en inglés)


[[Categoría:Apicultura]]
[[Categoría:Apicultura|Frisch, Karl von]]
[[Categoría:Premios Nobel]]
[[Categoría:Premio Nobel de Medicina|Frisch, Karl von]]


[[es:Karl von Frisch]]
[[es:Karl von Frisch]]

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2008 ás 17:59

Karl R. von Frisch naceu en Viena o 20 de novembro de 1886 e morreu o 12 de xuño de 1982 en Múnic. Estudou Zooloxía na Universidade de Múnic. O seu labor investigador desenvolveuse no Instituto de Zooloxía da Universidade de Rostock e no de Breslau. É considerado un dos pais da Etoloxía.

Biografía

karl Ritter, Fillo do profesor Anton Ritter von Frisch da Universidade de Múnic e a súa esposa Marie, naceu en viena o 20 de novembro de 1886 e morreu o 12 de xuño de 1982 en muních. Estudou nunha escola de gramática e posteriormente na Universidade de Viena na facultade de medicina. Logo dos primeiros exames, cambiou á facultade de filosofía e estudou zooloxía en Múnic e Viena. Recibiu o Doutoramento na Universidade de Viena en 1910. No mesmo ano foi auxiliar de Richard Hertwig no Instituto Zoolóxico na Universidade de Múnic. Alí obtivo o certificado para o ensino de zooloxía e anatomía comparada.

En 1921 foi á Universidade de Rostock como profesor e director na facultade de zooloxía; en 1923 trasladouse a Breslau e en 1925 regresou co seu antigo profesor Richard Hertwig a Múnic. Coa axuda da Fundación de Rockefeller supervisou o novo edificio do instituto zoolóxico que se construía. Logo da destrución do Instituto durante a Segunda Guerra Mundial, foi á Universidade de Graz (Austria) en 1946, pero regresou a Múnic 1950 despois de que abrisen de novo o instituto. Foi Profesor Emérito dende 1958 e continuou cos seus estudos científicos.

Investigacións

En 1910 comezou con estudos sobre peixes probando que podían distinguir cores e brillo. Tamén traballou sobre a capacidade auditiva e a capacidade de distinguir sons demostrando que é superior nesta clase a dos seres humanos. En 1919 comezou a estudar os insectos, especificamente as abellas, demostrando que sendo adestradas, poden diferenciar varios gustos e cheiros e que o sentido do olfacto é similar ao dos seres humanos, pero o sentido do gusto é diferente. Puido demostrar que mediante determinados movementos que chamamos danza da abella e mediante o movemento vibratorio do seu abdome (meneo) as abellas exploradoras informan ao resto da colmea onde se atopa a fonte de alimento, informando da dirección e da distancia. En 1949 puido demostrar, utilizando luz polarizada, que as abellas utilizan o Sol como compás para orientarse, recordando os patróns da polarización presentados polo ceo en diversas horas do día e da localización de sinais previamente atopados. Sen dúbida as súas achegas á apicultura foron enormes, dado que delas desprendéronse coñecementos como o rango de acción da especie Apis mellifera . Outorgóuselle o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Konrad Lorenz e Nikolaas Tinbergen

Véxase tamén

Ligazóns externas

para a entrega do Nobel 1973] (en inglés)