Eclecticismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Prevert (conversa | contribucións)
m revisión de licenza: este artigo é unha tradución de es:Eclecticismo
Liña 16: Liña 16:
[[Categoría:Corrientes filosóficas]]
[[Categoría:Corrientes filosóficas]]
[[Categoría:Sincretismo]]
[[Categoría:Sincretismo]]



[[bg:Еклектика]]
[[bg:Еклектика]]

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2008 ás 17:38

Eclecticismo (do grego eklegein, «escoller»), é en Filosofía a escola de pensamento que se caracteriza por escoller (sen principios determinados) concepcións filosóficas, puntos de vista, ideas e valoracións entre as outras demais escolas que se asume poden chegar a ser compatibles de forma coherente, combinándoas e mesturándoas ainda que o resultado poida ser a miúdo contraposto sen chegar a formar un todo orgánico.

Historia e desenrolo

O eclecticismo desenrolouse en Grecia a partires do século II a. C. como unha maneira de sintetizar os grandes achádegos intelectuais da filosofía clásica anterior dos presocráticos, Platón e Aristóteles. Por exemplo, Antíoco de Ascalón compaxinou o estoicismo e o escepticismo, e Panecio de Rodas basou o seu pensamento no platonismo e no estoicismo.

Os pensadores romanos, que nunca desenrolaron un sistema filosófico propio, inclinaronse por este tipo de pensamento: Cicerón, por exemplo, que asimilou teorías do estoicismo, do escepticismo e dos peripatéticos, sen considerar a súa desunión esencial.

Entre os cristiáns, Clemente de Alejandría e Oríxenes combinaron a metafísica grega e as ideas xudeocristianas das Santas Escrituras. Xa a finais da Idade Media, o mestre da Devotio moderna Eckhart formulou un sistema de filosofía cristiá baseado en Aristóteles, os seus comentaristas árabes medievais, o neoplatonismo e a Cábala ou mística hebrea.

Eclecticismo en Europa

En España, o Eclecticismo desenrolouse no seo da Ilustración do século XVIII como única escola alternativa á escolástica dominante sen suscitar os receos daInquisición e nese senso destacan pensadores como Benito Jerónimo Feijoo ou o médico e lóxico aragonés Andrés Piquer..

No século XIX rebrotou ainda o eclecticismo en Francia a través da obra do filósofo Victor Cousin, que tratou de xuntar o idealismo de Immanuel Kant, a filosofía do sentido común y as doutrinas inductivas de René Descartes.