Bares, Mañón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Maañón (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16: Liña 16:


[[Imaxe:Parroquias de Manhon.png|thumb|right|As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.]]
[[Imaxe:Parroquias de Manhon.png|thumb|right|As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.]]
{{Lp Bares}}


==Véxase tamén==
* [[Estaca de Bares]]
* [[Faro da Estaca de Bares]]

{{Lp Bares}}


{{Mañón}}
{{Mañón}}

Revisión como estaba o 8 de decembro de 2007 ás 19:04


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Situación da parroquia de Bares no concello de Mañón.
Faro da Estaca de Bares

Bares é unha parroquia do concello de Mañón situada no extremo esquerdo da ría do Sor.

O extremo desta península chámase a Estaca de Bares. Na Estaca hai un parque eólico, precisamente nunha localización na que abundaban en tempos os muíños de vento e as aceas.

O Semáforo de Bares serviu de axuda á navegación durante varios séculos e foi levantado a petición dos ingleses.


Historia

O porto de Bares aparece citado por primeira vez o ano 916 nun documento do rei Ordoño II, quen concedeu o señorío da Vila de Bares e un mosteiro sito na parroquia de Mogor ao bispo de Mondoñedo Sabarico II. Pero a súa existencia como vila e como porto se remonta a moitos séculos antes. Atopáronse moedas fenicias, tégulas, ánforas e unha necrópole romana. Atopáronse tamén varias mámoas.

O peirao do porto de Bares, unha magnífica construción a xeito de escolleira de grandes pelouros coñecida co nome de O Coído pode considerarse o porto máis antigo dos coñecidos no Noroeste da Península Ibérica, talvez de orixe fenicia. Moitos expertos, incluíndo Federico Maciñeira e Fernando Alonso Romero, asignáronlle unha cronoloxía pre ou protohistórica, tendo en conta os frecuentes e importantes achádegos efectuados neste lugar. Unha teoría alternativa é a de que é se remonta ao século XIII ou XIV, cando se xeneralizou a caza da balea no litoral cantábrico, e Bares se convertiu nun porto refuxio para os barcos baleeiros.

As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.

Véxase tamén

Lugares da parroquia de Bares no concello de Mañón (A Coruña)

Anido | Campelo | O Faro da Estaca de Bares | O Porto de Bares | A Vila de Bares | Vilela


Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón

Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo)