Glen Rice: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
FMSky (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Xogador da NBA retirado
{{Xogador da NBA retirado
|nome=Glen Rice
|nome=Glen Rice
|imaxe=Glen Rice 1989 National Champions.jpg
|imaxe=Glen Rice 2010 (cropped).jpg
|ancho=236
|ancho=236
|posición= Escolta / Aleiro
|posición= Escolta / Aleiro

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2022 ás 12:26

Glen Rice
Posición Escolta / Aleiro
Dorsal 41
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 103 kg (228 lb)
Nacemento 28 de maio de 1967 (56 anos)
Flint, Míchigan
Carreira
Universidade Michigan (1985–1989)
NBA Draft 1989 / Rolda: 1 / Elección: 4
Por Miami Heat
Tempadas 19892004
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     18 836
Rebotes     4 387
Triplas     1 559
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Glen Anthony Rice, nado o 28 de maio de 1967 en Flint, Míchigan, é un ex xogador americano de baloncesto profesional, que xogou na National Basketball Association (NBA). Xogaba nas posicións de escolta e aleiro.

Rice foi 3 veces All-Star, e é o 11º xogador con máis triplas anotadas na historia da NBA, con 1.559 durante os seus 15 anos de carreira profesional. Coma xogador, gañou un campionato da NCAA e outro da NBA. Conseguiu ademais o premio ó MVP do All-Star Game da NBA, e o premio ó mellor xogador da NCAA.

Traxectoria profesional

Rice foi seleccionado na 4ª posición do Draft da NBA de 1989 polos Miami Heat. Rice só anotou 13.6 puntos por partido na súa tempada rookie, pero subiu ata os 20 puntos por encontro nas súas outras cinco tempadas en Miami, e liderou ós Heat ás súas primeiras series de Playoffs contra os Chicago Bulls. Rice foi o primeiro xogador dos Heat en facer máis de 20 puntos por partido nunha tempada (1991-1992). Porén, os Heat foron incapaces de gañar unha serie de playoffs durante o período de Rice no equipo.

Rice xogou 1.000 partidos na NBA de 1989 a 2004. Foi tres veces All-Star, e rematou a súa carreira con 18.3 puntos e 4.4 rebotes en 1.000 partidos de tempada regular cos Miami Heat, Charlotte Hornets, Los Angeles Lakers, New York Knicks, Houston Rockets e Los Angeles Clippers. Rematou con 18.336 puntos anotados. Na tempada 1996-97 foi o terceiro máximo anotador da liga, tan só por detrás de Michael Jordan e Karl Malone, facendo 26.8 puntos por partido.

Rice xogou en 55 partidos de playoffs, e acadou 16.1 puntos e 4.5 rebotes. Nos seus tres partidos coma All-Star, fixo 16.3 puntos por encontro.

Rice conseguiu o seu único anel de campión da NBA coma membro dos Los Angeles Lakers na tempada 1999-00 contra os Indiana Pacers.

Véxase tamén

Ligazóns externas