Borough (Nova York): Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.6 |
m Reemplazos con Replacer: «compónse» |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
'''5ː [[Staten Island]]''']] |
'''5ː [[Staten Island]]''']] |
||
A cidade de [[Nova York]] |
A cidade de [[Nova York]] componse de cinco '''''boroughs''''' (literalmente ''burgos'', traducido como ''distritos''); cada un ten case as mesmas atribucións que un [[Condados dos Estados Unidos de América|condado]], pero os seus gobernos desapareceron cando se consolidou a cidade en [[1898]]. |
||
O termo ''borough'' adoptouse para describir unha única forma de administración gobernamental para cada unha das cinco partes constituíntes da recentemente creada cidade. Tecnicamente, segundo a Lei do Estado de Nova York, un ''borough'' é unha corporación municipal que se crea cando un condado pasa a formar parte dunha cidade. Isto difire significativamente das definicións típicas de ''borough'' utilizadas en [[Connecticut]], [[Nova Jersey]], [[Pensilvania]] e [[Alasca]], entre outros. |
O termo ''borough'' adoptouse para describir unha única forma de administración gobernamental para cada unha das cinco partes constituíntes da recentemente creada cidade. Tecnicamente, segundo a Lei do Estado de Nova York, un ''borough'' é unha corporación municipal que se crea cando un condado pasa a formar parte dunha cidade. Isto difire significativamente das definicións típicas de ''borough'' utilizadas en [[Connecticut]], [[Nova Jersey]], [[Pensilvania]] e [[Alasca]], entre outros. |
Revisión como estaba o 12 de maio de 2021 ás 21:11
A cidade de Nova York componse de cinco boroughs (literalmente burgos, traducido como distritos); cada un ten case as mesmas atribucións que un condado, pero os seus gobernos desapareceron cando se consolidou a cidade en 1898.
O termo borough adoptouse para describir unha única forma de administración gobernamental para cada unha das cinco partes constituíntes da recentemente creada cidade. Tecnicamente, segundo a Lei do Estado de Nova York, un borough é unha corporación municipal que se crea cando un condado pasa a formar parte dunha cidade. Isto difire significativamente das definicións típicas de borough utilizadas en Connecticut, Nova Jersey, Pensilvania e Alasca, entre outros.
Á cidade de Nova York tamén se lle coñece en inglés como the five boroughs. Esta frase é usada para referirse a Nova York como cidade e evitar confusións coa área metropolitana de Nova York. Ademais, é utilizada frecuentemente polos políticos para facer énfase na existencia de cinco divisións e evitar o centralismo de Manhattan.
Os cinco boroughs
Cada borough corresponde a un condado do Estado de Nova York:
Xurisdición | Poboación | Área | ||
---|---|---|---|---|
Borough | Condado | a 1 de xaneiro de 2013
(estimado) |
mi² | km² |
The Bronx | Bronx | 1.418.733 | 42 | 109 |
Brooklyn | Kings | 2.592.149 | 71 | 183 |
Manhattan | Nova York | 1.626.159 | 23 | 59 |
Queens | Queens | 2.296.175 | 109 | 283 |
Staten Island | Richmond | 472.621 | 58 | 151 |
Cidade de Nova York | 8.405.837 | 303 | 786 | |
Estado de Nova York | 19.651.127 | 47.214[1] | 122.248 |
Notas
- ↑ "County and City Data Book:2007 (U.S. Census Bureau), Table B-1, Area and Population". factfinder.census.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016.