Arenito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
m HacheDous=0 moveu a páxina "Arenita" a "Arenito" sobre unha redirección: Forma escollida polo DRAG
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2021 ás 12:33

Modelaxe natural dunha rocha de arenito en Namibia.

Os arenitos[1] [2] son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da lulita, é a rocha sedimentaria máis importante.

Aspecto

Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda o dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización (cuarzo principalmente, micas, feldespatos e óxidos) e fragmentos de rochas.

Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitos os de cuarciarenitas (arenitas de cuarzo), as arcosas (arenitos de feldespatos), grauvacas (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arenito.
  2. Tamén se propuxeron as formas arenita: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca, Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 20; pedra de gra: CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996). Léxico de xeografía e areísca: Vocabulario das Ciencias Naturais (Santiago, Xunta de Galicia, 1990)