Nils-Aslak Valkeapää: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 39: Liña 39:


{{ORDENAR:Valkeapaa, Nils Asiak}}
{{ORDENAR:Valkeapaa, Nils Asiak}}
[[Categoría:Personalidades de Finlandia]]
[[Categoría:Nados en 1943]]
[[Categoría:Nados en 1943]]
[[Categoría:Finados en 2001]]
[[Categoría:Finados en 2001]]

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2021 ás 11:01

Modelo:Actor Nils-Aslak Valkeapää, coñecido tamén como Áillohaš, nado o 23 de marzo de 1943 en Enontekiö e finado o 26 de novembro novembro de 2001 en Espoo, foi un escritor, actor, artista e músico saami finlandés. Recibiu o Premio de Literatura do Consello Nórdico de 1991 pola súa obra Beaivi, áhčážan.[1]

Traxectoria

Procedía dunha familia dedicada á cría de renos e estudou maxisterio, aínda que nunca exerceu. Pasou boa parte da súa vida en Käsivarsi, preto da fronteira sueca, e tamén na localidae de Skibotn en Noruega. Seguiu a tradición do canto tradicional, o joik, que xoga un papel central no mundo literario e artistico saami pero na décade de 1960 unha nova xeración de joikem, xente nova que buscaba as súas raíces, comezou a modernizalo, e Valkeapää converteuse nun dos máis prominentes. O seu primeiro álbum Jojkuja de 1968, contiña joiks modernizados e deu a coñecer esa música por todo o mundo, realizando unha xira polos Estados Unidos en 1983 con Seppo Paakkunainen.[2]

Valkeapeää compuxo en 1987 a música e interpretou o personaxe de Siida-Isit na primeira longametraxe en saami, Ofelaš, coñecida internacionalmente como Pathfinder, dirixida por Nils Gaup. Nas Olimpiadas de Inverno de 1994 en Lillehammer actuou na cerimonia de apertura. Un joik do filme apareceu no álbum de Mike Oldfield editado en novembro de 1994 The Songs of Distant Earth co título de "Prayer for the Earth".[3] En 1996 sufriu un serio accidente de automóbil, retirándose da vida pública.

Como escritor utilizou principalmente o saami, moitas das súas obras traducíronse ao finés e a outras linguas escandinavas. A súa primeira publicación foi Terveisiä lapista, un conxunto de  ensaios curtos. Publicou oito coleccións de poemas.

Discografía

Poesía

  • Giđa ijat čuovgadat (1974)
  • Lávllo vizár biellocizáš (1976)
  • Ádjaga silbasuonat (1981)
  • Ruoktu váimmus (1985)
  • Beaivi, Áhčážan (1988)
  • Jus gazzebiehtár bohkosivccii (1994)
  • Girddán, seivvodanš (1999)
  • Eanni, eannázan (2001)

Notas

  1. Ficha do autor en norden.org
  2. "Muus, Nathan & Gaski, Harald: Nils-Aslak Valkeapää Báiki: The International Sami Journal. 2001". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2016. 
  3. "The Songs of Distant Earth en tubular.net". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2016.