Letingos: Diferenzas entre revisións
m →Outros artigos: Arranxos varios |
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
A sucesión entre os letingos era por regra de pais a fillos, pero tolerábanse a miúdo usurpacións: coa do [[510]] Wacho sucedeu ao seu tío Tatto, conservando porén o trono na familia; coa do [[547]], en cambio, convértese en rei un membro da liñaxe dos [[Gausos]], [[Audoíno de Lombardía|Audoíno]]. O cambio non foi a través dun rexicidio (semella que o último dos letingos, [[Valtari]], morreu aínda xove por causas naturais), senón por unha especie de paso do relevo cara aquel que ata a subida ao trono de Valtari, menor de idade, exercitara a rexencia. |
A sucesión entre os letingos era por regra de pais a fillos, pero tolerábanse a miúdo usurpacións: coa do [[510]] Wacho sucedeu ao seu tío Tatto, conservando porén o trono na familia; coa do [[547]], en cambio, convértese en rei un membro da liñaxe dos [[Gausos]], [[Audoíno de Lombardía|Audoíno]]. O cambio non foi a través dun rexicidio (semella que o último dos letingos, [[Valtari]], morreu aínda xove por causas naturais), senón por unha especie de paso do relevo cara aquel que ata a subida ao trono de Valtari, menor de idade, exercitara a rexencia. |
||
A entronización de Audoíno lese os dereitos |
A entronización de Audoíno lese os dereitos doutros membros dos letingos, aínda vivos, pero non impediu ao novo soberano impoñer unha nova dinastía. O "sangue" e o "carisma" dos letingos, con forte ascendencia sobre os longobardos, tería de todos xeitos volto ao trono, cando o pobo xa estaría establecido en Italia: a raíña [[Teodelinda de Baviera|Teodelinda]], que no [[589]] caso co rei [[Autario]], era de feito filla do duque de [[Baviera]] [[Garibaldo I de Baviera|Garibaldo]] e de [[Waldrada, filla de Wacho|Waldrada]], filla á súa vez do rei Wacho. A [[dinastía bávara]], con orixe no irmán de Teodelinda ([[Gundoaldo]] duque de [[Asti]]) e que reinou durante gran parte do [[século VII]], recibiu deste modo a herdanza dos letingos. |
||
==Soberanos== |
==Soberanos== |
Revisión como estaba o 23 de agosto de 2020 ás 00:57
Os letingos foron unha dinastía que reinou sobre os longobardos dende mediados do século V até o ano 547 aproximadamente, con sete reis.
Traxectoria
Os letingos tomaron o nome do seu fundador, Lethuoc ou Leti, e foron a primeira dinastía real longobarda; antes da súa afirmación os soberanos, segundo un costume xermánico e máis amplamente indoeuropeo, eran elixidos na asemblea do pobo en armas. O paso do trono de Lethuoc ao fillo Hilduoc representou un decisivo paso cara á estabilidade e a institucionalización da monarquía longobarda.
Baixo os soberanos da dinastía tivo lugar o treito final da grande migración que, entre o inicio da era cristiá e a primeira metade do século VI, conduciu os longobardos da patria ancestral (Escandinavia meridional) á Europa central, a través do curso medio do Danubio. A fase final deste proceso, guiado por soberanos como Tatto e Wacho, coincide cun decisivo aumento do poder dos longobardos, convertidos nunha potencia europea que trataba de igual a igual con francos, ostrogodos e bizantinos.
A sucesión entre os letingos era por regra de pais a fillos, pero tolerábanse a miúdo usurpacións: coa do 510 Wacho sucedeu ao seu tío Tatto, conservando porén o trono na familia; coa do 547, en cambio, convértese en rei un membro da liñaxe dos Gausos, Audoíno. O cambio non foi a través dun rexicidio (semella que o último dos letingos, Valtari, morreu aínda xove por causas naturais), senón por unha especie de paso do relevo cara aquel que ata a subida ao trono de Valtari, menor de idade, exercitara a rexencia.
A entronización de Audoíno lese os dereitos doutros membros dos letingos, aínda vivos, pero non impediu ao novo soberano impoñer unha nova dinastía. O "sangue" e o "carisma" dos letingos, con forte ascendencia sobre os longobardos, tería de todos xeitos volto ao trono, cando o pobo xa estaría establecido en Italia: a raíña Teodelinda, que no 589 caso co rei Autario, era de feito filla do duque de Baviera Garibaldo e de Waldrada, filla á súa vez do rei Wacho. A dinastía bávara, con orixe no irmán de Teodelinda (Gundoaldo duque de Asti) e que reinou durante gran parte do século VII, recibiu deste modo a herdanza dos letingos.
Soberanos
Os sete soberanos dos Letingos foron:
- Lethuoc: século V.
- Hilduoc: segunda metade do século V.
- Goduoc: segunda metade do século V.
- Claffo: fin do século V.
- Tatto: circa 500 - circa 510.
- Wacho: 510 - 540.
- Valtari: 540 - 547 .
Fontes
- Jörg Jarnut, Storia dei Longobardi (Torino, Einaudi 2002)
- Sergio Rovagnati, I Longobardi (Milano, Xenia 2003)