Estreito de Taiwán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de en:Taiwan Strait
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de xullo de 2020 ás 09:38

Mapa da rexión do estreito de Taiwán

O estreito de Taiwán ou estreito de Formosa é un estreito de 180 km de largo que separa a illa de Taiwán da China continental. O estreito forma parte do mar da China Meridional e conéctao polo norte co mar da China Oriental. A parte máis estreita mide 130 km de largo.[1]

Nomes

Outros nomes do estreito de Taiwán son estreito de Formosa (polo antigo nome de Taiwán), estreito de Fokien ou estreito de Fujian pola provincia chinesa ao occidente do estreito,[2] e Gabia Negra, calco do nome do estreito en hokkien e hakka.

Xeografía

O estreito de Taiwán é o corpo de auga que separa a provincia de Fujian da illa de Taiwán.

Os acordos internacionais non definen o estreito de Taiwán, senón que inclúen as súas augas no mar da China Meridional, que ten como límite norte a liña dende o cabo Fugui (punto máis setentrional de Taiwán) e a illa Niushan ata a parte sur da illa Pingtan para rematar na costa de Fujian.[3]

Historia

O estreito separou a cultura Han da China continental dos aborixes de Taiwán durante milenios, aínda que os hakka e os hoklo comerciaron e migraron por el.

Notas

  1. "Geography". Government Information Office. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  2. EB (1879), p. 415.
  3. IHO (1953), §49.

Véxase tamén

Bibliografía