Bernardino Rivadavia: Diferenzas entre revisións
Bernardino Rivadavia 2.jpg |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía |
{{Biografía |
||
|imaxe=Bernardino Rivadavia 2.jpg}} |
|||
'''Bernardino de la Trinidad González de Rivadavia''', nado en [[Buenos Aires]] o [[20 de maio]] de [[1780]] e finado en [[Cádiz]] o [[2 de setembro]] de [[1845]], foi un político da [[Arxentina]], o primeiro presidente do seu país. |
'''Bernardino de la Trinidad González de Rivadavia''', nado en [[Buenos Aires]] o [[20 de maio]] de [[1780]] e finado en [[Cádiz]] o [[2 de setembro]] de [[1845]], foi un político da [[Arxentina]], o primeiro presidente do seu país. |
Revisión como estaba o 27 de xuño de 2020 ás 08:57
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1780 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 2 de setembro de 1845 (65 anos) Cádiz, España |
1º Presidente da Nación Arxentina | |
8 de febreiro de 1826 – 27 de xuño de 1827 ← Juan Gregorio de las Heras (pt) – Vicente López y Planes (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Educación | Colegio Nacional de Buenos Aires (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Buenos Aires |
Ocupación | político , diplomático |
Partido político | Partido Unitário (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Juana del Pino |
Pai | Benito Rivadavia |
Irmáns | Santiago Rivadavia (en) |
Bernardino de la Trinidad González de Rivadavia, nado en Buenos Aires o 20 de maio de 1780 e finado en Cádiz o 2 de setembro de 1845, foi un político da Arxentina, o primeiro presidente do seu país.
Orixe
Era fillo de Benito Bernardino González de Rivadavia, avogado e comerciante en Buenos Aires e natural de Monforte de Lemos. A súa nai, María Josefa de Jesús Rivadavia Rivadeneira, nada en Buenos Aires o 13 de xaneiro de 1755, era filla de José Antonio Rivadavia Díaz, tamén de Monforte, e de María Feliciana Rivadeneira Domínguez, filla a súa vez de Antonio Rivadeneira Pérez de Novoa, natural de Camariñas, e de María Domínguez Basurto, cuxo pai nacera en Cádiz.[1]
Traxectoria
Durante as invasións inglesas de 1806 participou como tenente no Tercio de Gallegos. Entre 1811 e 1826 ocupou diferentes cargos como o de Secretario da Xunta ou cabeza do triunvirato liderando o movemento independentista de España (mais sendo acusado nas divisións internas dos Terzos de "españolista"[2]), organizando a milicia, eliminando os organismos censores da prensa e cesando o tráfico de escravos, estando en máis dunha ocasión exiliado. Exerceu diferentes misións diplomáticas en Europa e en 1826 foi electo o primeiro presidente da Arxentina. [3]
Goberno
Durante o seu goberno creáronse diversos museos locais e o Museo Argentino de Ciencias Naturales, a Biblioteca Nacional e a Universidade seguindo o novo lema nacional de “paz, organización e progreso”. O seu goberno enfrontou diversos problemas, basicamente referentes á guerra contra o Brasil, na disputa polo provincia Cisplatina, actual Uruguai.
Destacou a súa reforma eclesiástica, a expansión de fronteiras e a lei de enfiteusis, que intentou promover a colonización, así como o debate sobre o usuario contrato de débeda pública coa banca británica Baring. Como unionista capitalizou a cidade de Buenos Aires e dividiu a provincia en tres parcelas, arrebatando as rendas do porto á clase dominante da provincia bonaerense, os Terrero, os Rosas e os Anchorena, o que desatou a inimizade pública cos federalistas [4]. Culminando estas co levantamento do xeneral Lavalle que derroca ao gobernador federal de Buenos Aires en 1828. Un ano antes, en 1827, Rivadavia renuncia ao goberno e exíliase en Europa.
Notas
- ↑ Pertiné, Julio (1975). ge (h),Revista del Instituto Argentino de Ciencias Genealógicas. Los Urien.
- ↑ ["Bernardino Rivadavia"]
- ↑ ["Bernardino Rivadavia"]
- ↑ "Bernardino Rivadavia"(en castelán)