Benito Rivadavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benito Rivadavia
Nacemento1747
 Monforte de Lemos
Falecemento1816
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversity of Saint Francis Xavier
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

Benito Bernardino González de Rivadabia, nado en Monforte de Lemos o 7 de febreiro de 1747 e finado en Buenos Aires o 28 de setembro de 1816[1], foi un avogado e militar galego emigrado en Arxentina e pai do presidente da nación, primeiro xefe de estado das Provincias Unidas do Río da Prata, Bernardino Rivadavia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estuda xurisprudencia e teoloxía na Universidade de Charcas ao chegar a Arxentina, apoiado polo seu tío José de Rivadavia, para posteriormente exercer no Río da Prata como avogado en diferentes cargos públicos. O 18 de marzo de 1776 casa con María Josefa de Jesús de Rivadavia y Rivadeneyra, súa curmá, na cidade de Buenos Aires [2]

Tras exercer como xuíz de bens de defuntos, rexedor, depositario xeral, tesoreiro diocesano e asesor do gobernador interino enrolouse como alumno da Escola de Náutica, onde se diploma en 1802. Posteriormente destina parte da súa fortuna á industria navieira. Foi dono de barcos mercantes, pero os asaltos piratas do porto de Montevideo causáronlle o roubo de catro dos navíos, momento no que abandona ese empeño empresarial. A cidade patagónica de Comodoro Rivadavia debe o seu nome ás exploracións naúticas do bisneto de Benito, Martín Rivadavia. Durante as invasións inglesas de 1806 e 1807, colabora como mando militar no Tercio de Gallegos así como cos seus bens e influencias na resistencia.[3] Como monárquico e conservador vese envolto nos eventos conducintes á Revolución de Maio onde defendeu a deposición por parte do pobo do Vicerrei Sobremonte con base nas leis de partida de Afonso X o Sabio. Sostivo que o pobo podía tomar as medidas que crese conveniente para a súa defensa, en momentos nos que corría risco inminente a súa conservación.[4]

No ano 1806 popularízase no país o seu preito contra os irmáns Gabriel e José Gascón, tenentes do exército prometidos as súas fillas, cos que tras un desacordo despois do compromiso conduce a Benito Rivadavia a recluir ás fillas no domicilio familiar e posteriormente nunha casa de exercicios relixiosos sen contacto posíbel cos Gascón. O avogado galego esgrime no xuízo o dereito de patria postedade sobre as súas fillas adultas.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Benito Rivadavia"(en castelán)
  2. Cristóforis, Nadia (2009). Proa al Plata: las migraciones de gallegos y asturianos a Buenos Aires. CSIC. p. 117. 
  3. "Benito Rivadavia"(en castelán)
  4. "Benito Rivadavia" Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.(en castelán)
  5. Otálora, Mariano (2017). Los próceres y el dinero. Sudamericana. p. 299.