Misión BepiColombo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
datos do achegamento á Terra
Agremon (conversa | contribucións)
Liña 23: Liña 23:


== Notas ==
== Notas ==
{{listaref}}
{{listaref|30em}}
{{control de autoridades}}
{{control de autoridades}}



Revisión como estaba o 3 de abril de 2020 ás 16:30

Traxectoria animada da misión.
Traxectoria animada da misión.

A misión BepiColombo é unha misión de observación e exploración do planeta Mercurio levada a cabo en colaboración entre as axencias espaciais europeas (ESA) e xaponesa (JAXA).[1].

Características

Foi lanzada cun Ariane 5 dende a base da ESA en Kourou, representando unha carga de lanzamento de 4100 kg.

A misión componse de dúas naves, Mercury Planetary Orbiter (MPO), liderado pola ESA, e o Mercury Magnetospheric Orbiter (MMO), liderado por JAXA:

  • Mercury Planetary Orbiter acubilla 11 experimentos cos seus correspondentes instrumentos nunha nave estabilizada nos tres eixos e tendo como referencia ó Nadir.
  • Mercury Magnetospheric Orbiter transporta unha carga de cinco instrumentos nunha nave xiratoria.

Lanzada en outubro de 2018, aproveita o tirón gravitacional para chegar a destino, orbitar Mercurio en decembro de 2025, despois de sobrevoa por oito veces diversos planetas:

  • Terra en abril de 2020; aproximación a 12 700 km de altura ás 06:24:58 hora oficial en España (CEST), atravesando o ceo de leste a oeste cunha magnitude de 8.[2]
  • Venus en 2020 e 2021;
  • Mercurio, seis veces entre 2021 e 2025.

Na viaxe a destino segue unha órbita de transferencia heliocéntrica, e en Mercurio as dúas naves seguirán órbitas diferentes:

  • MPO: órbita polar de 400 × 1508 km, cun período de 2,3 h
  • MMO: órbita polar de 400 × 11 824 km, cun período de 9,3 h

A duración prevista da misión arredor de Mercurio é de un ano.

Notas

  1. "BepiColombo operations". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-01. 
  2. "Observa a BepiColombo durante su sobrevuelo de despedida". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-03.