Etiquetaxe dos alimentos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Lameiro (conversa | contribucións)
actualizo norma legal
Liña 3: Liña 3:
En alimentación, inclúe calquera mención (sexa texto, marcas, debuxos, fotografías, símbolos etc.) que acompañe ou se refira a un produto alimenticio, xa sexa en forma de etiqueta impresa ou gravada sobre o alimento ou sobre o seu envase, ou en forma de rótulo, faixa etc. relacionado con el.
En alimentación, inclúe calquera mención (sexa texto, marcas, debuxos, fotografías, símbolos etc.) que acompañe ou se refira a un produto alimenticio, xa sexa en forma de etiqueta impresa ou gravada sobre o alimento ou sobre o seu envase, ou en forma de rótulo, faixa etc. relacionado con el.


En España, a etiquetaxe dos produtos alimenticios está regulada polo ''Real Decreto 1334/1999, de 31 de xullo, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios'' (BOE 202, de 24.08.1999), modificado e completado por diferentes normas específicas.
En España, a etiquetaxe dos produtos alimenticios está regulada polo Regulamento (UE) 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello de 25 de outubro de 2011, sobre a información alimentaria facilitada ó consumidor (DOUE L 304, de 22.11.2011), que veu substituir a normativa nacional vixente ata entón (Real Decreto 1334/1999, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios). Existen ademais numerosas normas específicas, europeas e nacionais, que regulan determinados aspectos da etiquetaxe dos alimentos.


== Principios xerais da etiquetaxe ==
== Principios xerais da etiquetaxe ==

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2020 ás 22:52

Enténdese por etiqueta calquera marca, rótulo ou lenda que se imprime, adhire ou une a un produto ou ó seu envase, para identifica-la súa orixe e características.

En alimentación, inclúe calquera mención (sexa texto, marcas, debuxos, fotografías, símbolos etc.) que acompañe ou se refira a un produto alimenticio, xa sexa en forma de etiqueta impresa ou gravada sobre o alimento ou sobre o seu envase, ou en forma de rótulo, faixa etc. relacionado con el.

En España, a etiquetaxe dos produtos alimenticios está regulada polo Regulamento (UE) 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello de 25 de outubro de 2011, sobre a información alimentaria facilitada ó consumidor (DOUE L 304, de 22.11.2011), que veu substituir a normativa nacional vixente ata entón (Real Decreto 1334/1999, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios). Existen ademais numerosas normas específicas, europeas e nacionais, que regulan determinados aspectos da etiquetaxe dos alimentos.

Principios xerais da etiquetaxe

O obxectivo último da etiquetaxe dos produtos alimenticios é o de garanti-los dereito do consumidor a unha información exacta, completa e comprensible. Para conseguilo, a etiqueta deberá achegar toda a información que precise o consumidor para que este realice a súa elección con coñecemento de causa.

Ademais, a etiqueta debe proporcionar datos do fabricante e do produto que permitan que a Administración poida controla-las industrias alimentarias, os seus procesos e os alimentos que poñen no mercado, co obxectivo de salvagarda-lo dereito á protección da saúde dos consumidores.

A etiquetaxe non poderá inducir a erro ó consumidor sobre a natureza e características do que compra, e non poderá facelo nin co texto –co que a etiqueta diga ou omita- nin coas imaxes, forma na que se presenta o alimento, material de envasado ou incluso na presentación ou publicidade. Especialmente deberán evitarse:

  • Mensaxes confusas sobre as características do produto alimenticio, é dicir, sobre a súa natureza, identidade, cualidades, composición, cantidade, duración, orixe e modo de fabricación ou de obtención.
  • Atribuírlle efectos ou propiedades que non posúa, especialmente no referente a propiedades medicinais, sexan preventivas, terapéuticas ou curativas de calquera enfermidade. Permítense determinadas mencións no caso das augas minerais naturais e os produtos alimenticios destinados a unha alimentación especial.
  • Suxerir que o alimento posúe características particulares, cando tódolos produtos similares posúan as mesmas características.

Información da etiquetaxe

Entendido no seu sentido máis amplo, tal como se dixo antes, a etiquetaxe dos produtos alimenticios deberá incluír obrigatoriamente a seguinte información:

  1. A denominación de venda do produto.
  2. A lista de ingredientes, incluídos os aditivos.
  3. A cantidade de determinados ingredientes ou categorías de ingredientes.
  4. O grao alcohólico nas bebidas cunha gradación superior ó 1,2% en volume.
  5. A cantidade neta, no caso dos produtos envasados.
  6. A data de caducidade ou a data de consumo preferente, segundo a vida útil do produto.
  7. As condicións especiais de conservación, cando sexan precisas.
  8. O modo de emprego, cando a súa indicación sexa precisa para facer un uso adecuado do produto alimenticio.
  9. Identificación da empresa, mediante o nome, a razón social ou a denominación do fabricante, do envasador ou dun vendedor establecido dentro da Unión Europea e, en todo caso, o seu domicilio. O Número de Rexistro Sanitario, obrigatorio en case tódolos alimentos, facilita esa identificación.
  10. O lote.
  11. O lugar de orixe ou procedencia.

Ademais de todo o anterior, o fabricante poderá incluír na etiqueta calquera outra información adicional escrita, impresa ou gráfica, sempre que non estea en contradición coa información obrigatoria e coa súa forma de expresión. É o que se denomina Etiquetaxe facultativa, entre a que destaca polo seu interese a información de propiedades nutritivas, pero que pode incluír receitas, consellos, promocións, distintos símbolos etc.

Presentación da información obrigatoria

En tódolos casos, as indicacións obrigatorias deben ser facilmente comprensibles para o consumidor medio, para o cal estarán inscritas en lugar destacado de forma que sexan facilmente visibles, claramente lexibles e con caracteres indelebles. Estas indicaciónes obrigatorias non poderán ser disimuladas, tapadas ou separadas de ningún xeito por outros rótulos ou imaxes, como acontece moitas veces no reenvasado realizado no punto de venda ó adherir unha etiqueta co prezo do produto.

A lexislación non establece a forma nin o tamaño das etiquetas dos alimentos. Tampouco entra no tamaño dos caracteres con que se escriba a información obrigatoria (excepción feita do tamaño mínimo dos díxitos que indican o contido neto). O fabricante e o seu departamento de publicidade gozan de liberdade á hora de escoller formatos, cores e tamaños, o que moitas veces aproveitan para destacar, directa ou subliminalmente, aqueles aspectos que máis lle interesan e relegar ó mínimo imprescindible os que lles poida prexudicar, como acontece coa indicación dos aditivos alimentarios que, aínda sendo legais, provocan normalmente rexeitamento entre os consumidores.

As indicacións obrigatorias da etiquetaxe dos produtos alimenticios que se comercialicen en España expresaranse, como mínimo, en castelán. Esta esixencia non se aplica ós produtos tradicionais elaborados e distribuídos exclusivamente no ámbito dunha comunidade autónoma con lingua oficial propia.

A globalización no campo dos alimentos leva a que sexa frecuente utilizar diversos idiomas nas etiquetas. Pola contra, aínda resulta novedoso ver etiquetas escritas en galego, con honrosas excepcións.

A etiquetaxe no caso dos alimentos envasados

Cando os produtos alimenticios se presenten envasados, as indicacións da información obrigatoria da etiquetaxe faranse constar impresas no envase ou nunha etiqueta unida ó mesmo. Se o alimento se vende a colectividades ou establecementos alimentarios que o van transformar antes da entrega ó consumidor final, esta información poderá figurar só nos documentos comerciais que acompañen ó produto alimenticio. Aínda así, as mencións obrigatorias relativas á denominación de venda, o marcado das datas e a identificación da empresa figurarán tamén na embalaxe exterior no que se comercialicen os devantidos produtos.

Cando a etiquetaxe se realice polos titulares do comercio minorista deberá recolle-la mesma información citada anteriormente, a excepción do número de lote. A identificación da empresa referirase, en todo caso, ó envasador.

Na venda a granel ou fraccionada no punto de venda debe conservarse a información do fabricante ata a fin da venda, para permitir en todo momento a correcta identificación do produto. Esta información deberá estar exposta ó consumidor para cumprir co principio de proporcionarlle a información necesaria para a súa escolla.

Para facilitar ó consumidor a lectura e comprensión dos datos fundamentais da etiqueta, será obrigatorio que figuren no mesmo campo visual as indicacións relativas á:

  • Denominación de venda.
  • Cantidade neta.
  • Marcado de datas.
  • Grao alcohólico, no seu caso.

Nos pequenos envases (aqueles cuxa cara maior teña unha superficie inferior a 10 centímetros cadrados) só será obrigatorio indicar no mesmo campo visual a denominación do produto, a cantidade neta e o marcado de datas. O resto da información poderá recollerse noutra cara.

A etiquetaxe no caso de alimentos non envasados

A etiquetaxe dos produtos alimenticios que se presenten para a venda ó consumidor final sen envasar, así como os envasados nos puntos de venda, a petición do comprador, deberá achega-la seguinte información:

  • A denominación de venda.
  • A categoría de calidade, variedade e a orixe, cando así veña esixido pola Norma de Calidade correspondente (como pode verse na venda de froitas e verduras non envasadas).
  • No caso da carne, a clase ou o tipo de canal de procedencia, así como a denominación comercial da peza de que se trate.
  • No caso de produtos da pesca e acuicultura e nos moluscos, a denominación comercial, zona de captura ou cría, modo de produción e modo de presentación ou tratamento.
  • A cuantificación de determinados ingredientes cando estes figuren na denominación de venda, cando se destaque a presenza de tales ingredientes mediante palabras ou imaxes ou cando sexa esencial para definir e distinguir un produto alimenticio dos outros similares cos que se poida confundir.
  • O grao alcohólico nas bebidas cunha gradación superior a 1,2 %.

Toda esta información poderá constar escrita en etiquetas adheridas ó produto ou en carteis colocados no lugar de venda, sobre o produto ou próximos a el, de forma que quede clara a relación entre o cartel e o produto ó que se refira.

Casos particulares da etiquetaxe

Observacións

A experiencia diaria na lectura da etiquetaxe dos alimentos que adquirimos e consumimos pon en evidencia que aínda queda moito por facer para conseguir que cumpra todo o establecido na Norma Xeral e nas disposicións específicas. Son moi frecuentes aínda os casos nos que a etiqueta resulta incompleta, dificilmente lexible, confusa ou, simplemente, falta calquera identificación.

Debe terse presente que calquera produto non identificado ou mal identificado ha de considerarse como un produto non seguro e, por conseguinte, non apto para o consumo. Ademais do risco sanitario que poida representar, é unha fraude ó dereito á información que debe esixir todo consumidor.

Fabricantes, distribuidores e inspección oficial son os responsables de que se cumpra a Norma, pero son os consumidores quen deben exercita-lo seu dereito de comprar un produto cando cumpra as súas esixencias ou de rexeitalo cando se lle negue a información á que ten dereito.

En 2003, a Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética (FESNAD [1][Ligazón morta]) instaurou o Día Nacional da Nutrición, que celebra a finais de maio. O lema da edición de 2010 foi precisamente "Le as etiquetas dos alimentos. Alimenta a túa información".

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Consumer.es Eroski: El etiquetado correcto de los alimentos, 2003 [2]
  • Codex Alimentarius: Etiquetado de los Alimentos (Revisión 2001) [3].
  • Subdirección Xeral de Sanidade e Protección dos Consumidores da Comisión Europea: Saber lo que ponen las etiquetas [4][Ligazón morta]
Lexislación aplicable
  • Real Decreto 1334/1999, de 31 de xullo, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios (BOE nº 202, 24.08.1999). [5]
  • Directiva 2000/13/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de marzo de 2000, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros en materia de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios (DOUE L109, de 6.05.2000) [6]