Bebida alcohólica
Aparencia
(Redirección desde «Bebidas alcohólicas»)
As bebidas alcohólicas ou alcólicas son bebidas que conteñen o etanol (coñecido popularmente como alcohol etílico). A dependencia das bebidas alcohólicas denomínase alcoholismo.
Atendendo á elaboración pódese distinguir entre bebidas producidas por fermentación alcohólica (viños, cervexas, hidromel, sake etc.), nas cales o contido en alcohol non pasa de 18-20 graos; e as producidas por destilación, xeralmente a partir dun produto de fermentación (licores, augardentes etc.)
En España celébrase o día sen alcohol o 15 de novembro.
A cantidade de alcohol dun licor ou outra bebida alcohólica exprésase ben polo volume de alcohol que conteña ou ben polos seus graos de alcohol, a porcentaxe da alcohol do total da bebida.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bebida alcohólica |