Manuel Varela Radío: Diferenzas entre revisións
m Moving from Category:Deputados de Galicia to Category:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados using Cat-a-lot |
|||
Liña 3: | Liña 3: | ||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Varela Radío |
Varela Radío naceu en [[Pontevedra]], fillo de [[Teodoro Varela de la Iglesia]], profesor de instituto procedente dunha familia liberal. Estudou o bacharelato nos institutos de Pontevedra e [[Santiago de Compostela]]. Logo de matricularse en [[Medicina]], durante a carreira visitou algúns centros científicos de [[Alemaña]]. En Santiago foi discípulo de [[Ángel Martínez de la Riva]]. Despois de doutorarse en [[Madrid]] volveu a Alemaña para especializarse en Xinecoloxía e Obstetricia con Bumm en [[Berlín]]. |
||
Desde a súa cátedra deixou unha importante pegada en Santiago. En 1911 obtivo unha consideración de bolseiro da [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] para ir, de novo, a Alemaña. A el se debe a incorporación de adiantos técnicos na cirurxía xinecolóxica como a utilización da [[radioterapia]] e a autoclave, entre outros. Impartiu cursiños para alumnos e para médicos, na súa especialidade. |
Desde a súa cátedra deixou unha importante pegada en Santiago. En 1911 obtivo unha consideración de bolseiro da [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] para ir, de novo, a Alemaña. A el se debe a incorporación de adiantos técnicos na cirurxía xinecolóxica como a utilización da [[radioterapia]] e a autoclave, entre outros. Impartiu cursiños para alumnos e para médicos, na súa especialidade. |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
Asume responsabilidades políticas como republicano independente, xa que foi deputado nas [[Cortes Constituíntes de 1931]], pola [[Federación Republicana Gallega]], por Pontevedra. Coma moitos dos seus discípulos exiliouse en 1936. Marcharía cara o exilio, voluntariamente, nos primeiros momentos da sublevación. Tomou esta decisión por temor a represalias incontroladas, en outubro de 1936. |
Asume responsabilidades políticas como republicano independente, xa que foi deputado nas [[Cortes Constituíntes de 1931]], pola [[Federación Republicana Gallega]], por Pontevedra. Coma moitos dos seus discípulos exiliouse en 1936. Marcharía cara o exilio, voluntariamente, nos primeiros momentos da sublevación. Tomou esta decisión por temor a represalias incontroladas, en outubro de 1936. |
||
Logo dun tempo en [[Francia]], asentouse en [[Zúric]] ([[Suíza]]). Sería cesado da súa cátedra polo goberno republicano, por abandono do servizo. |
Logo dun tempo en [[Francia]], asentouse en [[Zúric]] ([[Suíza]]). Sería cesado da súa cátedra polo goberno republicano, por abandono do servizo. Voltou do seu exilio voluntario en 1941, logo de negociar coas autoridades franquistas. Á súa chegada veuse sometido a varios procesos polos diferentes tribunais encargados da represión. Foi separado do seu cargo polas novas autoridades e expedientado polo [[Tribunal de Responsabilidades Políticas]]. Non sería reposto ata 1945, poucos días despois pasaría á condición de xubilado, por cumprir a idade. Seguiu exercendo a actividade privada durante varios anos, practicamente ata a súa morte. |
||
== Obras == |
== Obras == |
Revisión como estaba o 9 de febreiro de 2020 ás 17:26
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1873 Pontevedra, España |
Morte | 13 de decembro de 1962 (88 anos) Madrid, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Catedrático de universidade | |
1905 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Central |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , médico , cirurxián |
Empregador | Universidade Central (1919–) Universidade de Santiago de Compostela Hospital Real de Santiago de Compostela |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Varela Radío, nado en Pontevedra o 15 de decembro de 1873 e finado en Madrid o 13 de decembro de 1962, foi un médico e catedrático galego.
Traxectoria
Varela Radío naceu en Pontevedra, fillo de Teodoro Varela de la Iglesia, profesor de instituto procedente dunha familia liberal. Estudou o bacharelato nos institutos de Pontevedra e Santiago de Compostela. Logo de matricularse en Medicina, durante a carreira visitou algúns centros científicos de Alemaña. En Santiago foi discípulo de Ángel Martínez de la Riva. Despois de doutorarse en Madrid volveu a Alemaña para especializarse en Xinecoloxía e Obstetricia con Bumm en Berlín.
Desde a súa cátedra deixou unha importante pegada en Santiago. En 1911 obtivo unha consideración de bolseiro da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas para ir, de novo, a Alemaña. A el se debe a incorporación de adiantos técnicos na cirurxía xinecolóxica como a utilización da radioterapia e a autoclave, entre outros. Impartiu cursiños para alumnos e para médicos, na súa especialidade.
Puxo en marcha en Santiago un sanatorio, produto da empresa sanitaria con Ángel Baltar, en 1908, sendo das primeiras instalacións deste tipo en Galicia.
Roberto Nóvoa Santos considerábao como un dos seus mestres. Das súas aulas sairían formados un importante número de cirurxiáns especialistas en Xinecoloxía. O seus principais discípulos foron: Antonio Martínez de la Riva, Miguel Gallas Novás, Carlos Gil Gil, José Torre Blanco, Pablo Sela Sampil, José María Fernández Colmeiro, Alejandro Otero Fernández e Luís Morillo Uña, que o sucede na cátedra de Santiago, logo do seu traslado a Madrid en 1919.
Desde a Universidade Central levou a cabo un labor titorial especial cos galegos que estudaban Medicina na capital, mesmo, avalou a conterráneos, en bastantes casos, para que accedesen a apéndices institucionistas como a Residencia de Estudiantes.
Asume responsabilidades políticas como republicano independente, xa que foi deputado nas Cortes Constituíntes de 1931, pola Federación Republicana Gallega, por Pontevedra. Coma moitos dos seus discípulos exiliouse en 1936. Marcharía cara o exilio, voluntariamente, nos primeiros momentos da sublevación. Tomou esta decisión por temor a represalias incontroladas, en outubro de 1936.
Logo dun tempo en Francia, asentouse en Zúric (Suíza). Sería cesado da súa cátedra polo goberno republicano, por abandono do servizo. Voltou do seu exilio voluntario en 1941, logo de negociar coas autoridades franquistas. Á súa chegada veuse sometido a varios procesos polos diferentes tribunais encargados da represión. Foi separado do seu cargo polas novas autoridades e expedientado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. Non sería reposto ata 1945, poucos días despois pasaría á condición de xubilado, por cumprir a idade. Seguiu exercendo a actividade privada durante varios anos, practicamente ata a súa morte.
Obras
- Formas clínicas de afasia (tese de doutoramento).
- Formación de una vagina artificial á expensas de un trozo de intestino delgado.
- Radioterapia del cáncer.
- La marsupialización como medio de tratamiento de algunos tumores quísticos.
- Tradución de Operaciones ginecológicas y sus fundamentos anatomotográficos de Heinrich Martís