Alejandro Otero Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alejandro Otero Fernández, nado en Redondela o 14 de decembro de 1888 e finado en México o 26 de xuño de 1953, foi un médico e político socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Manuel Otero Milleiro. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde foi alumno de Manuel Varela Radío, e exerceu en Granada ata que en 1914 foi nomeado catedrático de xinecoloxía da Universidade de Granada, da que foi elixido reitor en 1932. Foi elixido concelleiro do concello de Granada en 1931, aproveitando o cargo para impulsar o Hospital Clínico de Granada. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi encarcerado uns meses durante a Revolución de 1934. Durante a Guerra civil española foi subsecretario de armamento e ao remate exiliouse en México, onde continuou traballando como médico e colaborou co goberno da República Española no exilio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]