As horas de cartón: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0 |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://xerais.es/libro.php?id=47652 Ficha] na web da editorial. |
* [https://web.archive.org/web/20160304211412/http://xerais.es/libro.php?id=47652 Ficha] na web da editorial. |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2020 ás 07:40
As horas de cartón | |
---|---|
Autor/a | Lois Xosé Pereira |
Cuberta | Xosé Díaz |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Xerais |
Data de pub. | 1985 |
Formato | rústica con lapelas |
Páxinas | 150 |
ISBN | ISBN 978-84-7507-207-0 |
[ editar datos en Wikidata ] |
As horas de cartón é unha novela de Lois Xosé Pereira, publicada por Edicións Xerais en decembro de 1985, logo de recibir nese mesmo ano o II Premio Xerais[1]. Foille concedido ese ano o Premio estatal da Crítica á narrativa galega.
Argumento
Clara é unha muller luguesa de 45 anos, profesora de literatura castelá. En novembro de 1975, coincidindo coa morte de Francisco Franco, fai recapitulación da súa propia vida. Está casada con Gonzalo, un médico que coñeceu mentres estudaban na Universidade de Santiago de Compostela que ten unha forte militancia política. Con el tivo un fillo, Mario, con problemas de desenvolvemento intelectual. Mais Gonzalo marchou a Inglaterra, onde ten outra parella e dúas fillas.
Narración
A obra vai alternando o punto de vista narrativo, usando a terceira persoa e a primeira. Hai numerosas analepses ao longo da vida dos protagonistas. É unha narración moi experimental, con parágrafos longos e puntuación inusual.
A trama discorre principalmente en Lugo, con acción tamén en Santiago de Compostela, Madrid e París.
Notas
- ↑ "1985, IIº Premio Xerais" Arquivado 08 de maio de 2014 en Wayback Machine., artigo no blog de Edicións Xerais, 8 de abril de 2008.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na web da editorial.