Firmino de Amiens: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución da categoría "Venerados polas Igrexas Ortodoxas" pola categoría "Venerados polas igrexas ortodoxas" |
m engado a Categoría:Misioneiros mediante HotCat |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
[[Categoría:Sanfermines]] |
[[Categoría:Sanfermines]] |
||
[[Categoría:Nados en 272]] |
[[Categoría:Nados en 272]] |
||
[[Categoría:Misioneiros]] |
Revisión actual feita o 3 de xaneiro de 2020 ás 08:34
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 272 Pompaelo, Roma Antiga |
Morte | 25 de setembro de 303 (30/31 anos) Amiens |
Causa da morte | Decapitación |
Bishop of Amiens (en) | |
Diocese: Roman Catholic Diocese of Amiens (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Castronuevo (pt) |
Ocupación | sacerdote católico , relixioso cristián |
Período de tempo | Imperio Romano |
Lingua | Lingua castelá |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 25 de setembro 7 de xullo |
Firmino de Amiens, nado en Pamplona en 272 e finado en Amiens (Francia) o 25 de setembro de 303, foi un misioneiro cristián, primeiro bispo de Amiens, cuxa igrexa construíu. Foi decapitado aos 31 anos de idade. É patrón de Amiens, Lesaka, e co-patrón de Navarra xunto con San Francisco Xavier.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Segundo a lenda, naceu en Pompaelo (a actual Pamplona), fillo dun senador pagán de nome Firmo, un alto funcionario da administración romana que gobernou Pamplona no século III. A predicación de san Honesto, quen marchara á península tras ser milagrosamente liberado da súa prisión en Carcasona, conmoveu aos seus pais, quen con todo non se converteron ata oír a san Sadurniño de Tolosa. O santo bautizaría a Firmino e aos seus pais no lugar que hoxe se chama popularmente pocico de San Cernin.
Baixo a tutela de Honesto, o mozo Firmino aprendeu a relixión e a arte da predicación. Aos 18 anos foi enviado a Tolosa, onde sería ordenado. Tras predicar en Navarra, marchou a Francia, onde se asentou en Amiens. Logo de organizar a construción da igrexa local, foi nomeado bispo aos 24 anos. A oposición oficial á doutrina cristiá fixo que fose encarcerado e decapitado.
En 1186 o bispo Pedro de París levou de Amiens a Pamplona unha reliquia da cabeza de Firmino.
O seu santoral celébrase o 7 de xullo. En Pamplona conmemórase cunhas festas de fama internacional, os Sanfermines, nas que destacan os encerros.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Firmino de Amiens |