Hermenexildo Gotérrez: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Cossue moveu a páxina "Hermenexildo Guterrez" a "Hermenexildo Gotérrez": Seguindo as indicacións da RAG: https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-12735.pdf#page=62&zoom=auto,-417,540 |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 4 de decembro de 2019 ás 15:47
Hermenexildo Guterrez foi un líder da nobreza galega do século IX, fillo de Guterre Aloitez e a súa muller Elvira.
Pertenceu á Curia Rexia de Afonso III e ostentou desde o ano 883 o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Contaba con amplas posesións nas actuais Galiza e norte de Portugal. Foi conde de Tui, Porto e conquistador de Coimbra no ano 878.
Biografía
O conde Hermenexildo aparece por primeira vez documentado no ano 869 confirmando unha doazón de Afonso III. Na década de 870 figura xa como membro do Consello Real de Afonso III, e desde o ano 873 como conde de Tui e Portucale (Porto). No ano 878 actúa como xuíz ao lado do seu sogro, -o conde Gatón do Bierzo- na resolución de preitos derivados da organización do territorio berciano[1]. A derradeira referencia ao conde prodúcese no ano 912, cando confirma unha doazón á igrexa compostelá do seu xenro o rei Ordoño II.
Conquista de Coímbra
No ano 878 conquista e repoboa a cidade de Coimbra[2], desde entón e até a súa recuperación por Almanzor no 997, pasará a ser a máis meridional do reino de Galiza chegando ata o río Mondego, nun momento en que a fronteira cristiá-musulmá, no centro da península, estaba aínda á altura de Burgos e no que Zamora non se pode dar como repoboada ata o ano 893.
Esta marcha cara ao sur da nobreza galega consolidou un espazo social galego-cristián ao sur do río Douro. Este espazo tan avanzado xeograficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía, o condado de Coímbra, que xunto co Portucalense, serían o xermolo do futuro Reino de Portugal.
Dux de Galiza
Cara o ano 887, o Dux galego Witiza iniciou unha revolta contra o rei Afonso III, Hermenexildo aglutinou a nobreza galega leal ao monarca ovetense. Durante os sete anos que durou a rebelión, e que puxo en perigo a coroa do rei Afonso e a unidade do reino, fixo fronte aos ataques de Witiza e contribuíu decisivamente á súa derrota. Impedindo que o rebelde se fixera co espazo galaico. No ano 895, o seu exército capturou a Witiza, que foi levado á presenza do monarca. Como recompensa, o conde Hermenexildo recibiu o territorios do rebelde e o título de Dux[3].
Liñaxe e descendencia
Fillo de Guterre Aloitiz (810 - 875) e da súa esposa Dona Elvira[4], Hermenexildo casou cerca do ano 860 con Hermesinda Gatonez, curmá do rei Afonso III e filla do conde Gatón do Bierzo. Deste casamento tivo os seguintes fillos[5]: Guterre Méndez, titular xunto ao seu irmán Arias de seis dos condados galegos; Arias Méndez[6], conde de Coímbra; Elvira Méndez[7], raíña consorte de Ordoño II; Aldonza Méndez[8]; e Henderquina Méndez[9].
Notas
- ↑ Sáez, Emilio (1948). Los ascendientes de San Rosendo. CSIC. p. 15.
- ↑ Sáez, Emilio (1948). Los ascendientes de San Rosendo. CSIC. pp. 15–17.
- ↑ Sáez, Emilio (1948). Los ascendientes de San Rosendo. CSIC. pp. 18–19.
- ↑ Sáez, Emilio (1948). Los ascendientes de San Rosendo. CSIC. p. 6.
- ↑ "Liñaxe Guterrez". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 16/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Arias". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 16/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Ordoñez". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 16/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Osorio". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 16/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Eriz". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 16/10/2018.