Canteiro, canteira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
canteiros de Pontevedra
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28: Liña 28:
* BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204.
* BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204.
* REAL ACADEMIA GALLEGA: ''Diccionario gallego-castellano''. La Coruña 1913-1928.
* REAL ACADEMIA GALLEGA: ''Diccionario gallego-castellano''. La Coruña 1913-1928.

===Notas===
{{listaref}}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 24 de agosto de 2019 ás 20:54

Un canteiro traballando na pedra

Un canteiro é aquela persoa que extrae a pedra, e labra e constrúe con ela. En tempos tamén traballaban como arquitectos e escultores.

Na sociedade tradicional galega eran os encargados destes labores e para iso tíñanse que desprazar dos seus lugares por longo tempo. Acostumaban viaxar en cuadrillas. Tiñan moitos problemas pola pechazón da sociedade e eran recibidos nos lugares onde traballaban con desconfianza, entre outras razóns pola súa sona de mullereiros. Para defenderse desa sociedade hostil e protexer os segredos do seu oficio empregaban unha xiria de carácter gremial: O verbo dos arxinas.

  • Canteiriño, arriba, arriba,/ cara a Santa Liberata,/ leva-los picos de aceiro/ halos de baixar de prata.
  • En palabras de canteiros,/ Rapazas, non vos fiedes;/ Collen os picos e marchan,/ E despois ¿qué lles faredes?
  • Pica, canteiriño, pica,/ pica na pedra miúda,/ pica na muller allea/ que outro picará na túa.

Na literatura popular queda reflectida a sona dos canteiros da comarca de Pontevedra:

  • Pra nabos n’hai coma Lugo,/ pra canteiros, Pontevedra,/ pra rapaciñas bonitas/ hai que vir á nosa terra [1]
  • Se queres casa ben feita/ e a porca ben capada,/ canteiros de Pontevedra./ capadores de Moraña [2]

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano. La Coruña 1913-1928.

Notas

  1. RAMÓN FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: "Cancionero y refranero de Corme", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo VII, cuaderno 3º, 1951, 457-507, px. 502.
  2. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Xosé María: O libro do porco. Colección O Moucho 26. Edicións Castrelos, Vigo 1972, px. 49.