Diferenzas entre revisións de «Focas, emperador»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ligazón interna.
m (Introduciendo ficha)
(Ligazón interna.)
 
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Phocas.jpg|miniatura|dereita|Retrato de Focas nunha [[Moeda da Antiga Romabizantina|moeda da época]]]]
'''Caesar Flavius Phocas Augustus''', [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] entre [[602]] e [[610]], é quizais unha das figuras máis sinistras que leven o título imperial en toda a historia de [[Imperio Bizantino|Bizancio]]. Arrebatou o trono ao emperador [[Mauricio, Emperador|Mauricio]], e foi á súa vez destronado por [[Heraclio]].
== Traxectoria ==
Durante o reinado de Focas as fronteiras tradicionais do Imperio comezaron a derrubarse. Os Balcáns, que sufriran durante anos as incursións de [[ávaro]]s e [[eslavo]]s, quedaron desgornecidos coa retirada do exército do Danubio que precedeu ao levantamento de Focas contra Mauricio, e os bárbaros fixeron máis frecuentes os seus ataques, chegando ata [[Atenas]]. O rei [[Imperio Sasánida|persa]] [[Cosroes II]], que debía o seu trono á axuda que o anterior emperador, [[Mauricio, emperador|Mauricio]], lle prestara nunha guerra civil, usou a morte do seu antigo aliado como pretexto para rachar co seu tratado de paz con Bizancio. Recibiu na súa corte a un individuo que pretendía ser o fillo de Mauricio, chamado Teodosio, e apoiou as súas pretensións ao trono imperial. Cosroes tirou proveito do caos que seguiu á usurpación de Focas: o xeneral bizantino [[Narsés (xeneral bizantino)|Narsés]] rexeitara recoñecer ao usurpador e levantouse en armas contra el. Cosroes estabeleceu unha alianza con Narsés; con todo, este último sería máis tarde atraído con enganos a Constantinopla e executado por orde do emperador. Privado do seu mellor xeneral, o exército bizantino foi derrotado repetidas veces nos anos seguintes.
 
En [[608]], o [[Exarcado de Cartago|exarca de Cartago]] e o seu fillo, chamados ambos [[Heraclio]], comezaron no norte de África unha revolta contra Focas, [[Cuñaxe|acuñando]] [[moeda]] na que aparecían os dous cos atributos [[cónsul romano|consulares]] (aínda que non imperiais). Nicetas, sobriño de Heraclio o Vello, invadiu Exipto por terra, á vez que o xove Heraclio navegaba coa súa frota cara ao leste. Esta rebelión, unida a unha inoportuna campaña lanzada por Focas para converter pola forza aos [[xudeu]]s, causou serios disturbios urbanos en Siria e Palestina. En Antioquía, os xudeus rebeláronse e asasinaron a numerosos cristiáns, incluído o patriarca de Antioquía, Anastasio. Focas enviou a Bonoso a reprimir as protestas e a reconquistar Exipto. A represión de Bonoso foi tan cruel que sería recordada varios séculos despois, pero o seu exército foi derrotado por Nicetas tras duros combates. Á súa vez, os persas aproveitaron a guerra civil para ocupar gran parte das provincias orientais e comezar a invasión de Anatolia.
 
En 610, o xove [[Heraclio]] chegou ás portas de Constantinopla, e a maior parte do exército de Focas desertou ou fuxiu. Algúns destacados aristócratas ofreceron a Heraclio a súa colaboración, e este entrou na capital sen atopar apenas resistencia. Focas foi capturado e levado ante Heraclio, que lle preguntou: "É así como gobernaches o Imperio?". Focas replicou: "Gobernaralo ti mellor?". Heraclio executou e decapitou persoalmente a Focas, cuxo corpo foi mutilado, sacado en desfile pola capital e finalmente queimado.
20.615

edicións

Menú de navegación