John Deacon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Biografía}}
{{Sen referencias|data=marzo de 2016}}
{{Sen referencias|data=marzo de 2016}}
[[Ficheiro:Bass player queen.jpg|miniatura|dereita|220px|Deacon nun concerto con [[Queen]] en [[1979]].]]
'''John Richard Deacon''', nado en [[Leicester]] o [[19 de agosto]] de [[1951]], é un [[músico]] [[Inglaterra|inglés]], hoxe retirado, máis coñecido por ser o baixista e un dos compositores da banda de rock [[Queen]]. Foi o último dos catro membros en entrar no grupo e tamén o máis novo, xa que só tiña 19 anos nese momento. Deacon é o autor dun gran número de éxitos de [[Queen]], incluíndo os sinxelos "[[You're My Best Friend]]", "[[Spread Your Wings]]", "[[Back Chat]]", "[[I Want to Break Free]]" e o maior éxito de todos, o sinxelo máis vendido da banda nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], "[[Another One Bites the Dust]]", así como outras cancións de practicamente todos os discos de [[Queen]]. Tocou tamén a [[guitarra]], o [[piano]] e a [[guitarra clásica]] en varios álbums, así como os teclados e [[sintetizador]]es, e a programación. De xeito diferente aos seus compañeiros, o instrumentista sempre evitou actuar nas voces do grupo, e súa participación limítase ás voces de apoio nalgunhas presentacións en directo. John Deacon é considerado como un dos maiores baixistas do mundo do [[Rock and roll|rock]].
'''John Richard Deacon''', nado en [[Leicester]] o [[19 de agosto]] de [[1951]], é un [[músico]] [[Inglaterra|inglés]], hoxe retirado, máis coñecido por ser o baixista e un dos compositores da banda de rock [[Queen]]. Foi o último dos catro membros en entrar no grupo e tamén o máis novo, xa que só tiña 19 anos nese momento. Deacon é o autor dun gran número de éxitos de [[Queen]], incluíndo os sinxelos "[[You're My Best Friend]]", "[[Spread Your Wings]]", "[[Back Chat]]", "[[I Want to Break Free]]" e o maior éxito de todos, o sinxelo máis vendido da banda nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], "[[Another One Bites the Dust]]", así como outras cancións de practicamente todos os discos de [[Queen]]. Tocou tamén a [[guitarra]], o [[piano]] e a [[guitarra clásica]] en varios álbums, así como os teclados e [[sintetizador]]es, e a programación. De xeito diferente aos seus compañeiros, o instrumentista sempre evitou actuar nas voces do grupo, e súa participación limítase ás voces de apoio nalgunhas presentacións en directo. John Deacon é considerado como un dos maiores baixistas do mundo do [[Rock and roll|rock]].



Revisión como estaba o 4 de novembro de 2018 ás 23:44

Infotaula de personaJohn Deacon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Richard Deacon Editar o valor em Wikidata
19 de agosto de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Leicester, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristián Editar o valor em Wikidata
EducaciónKing's College de Londres
Beauchamp College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaixista , guitarrista , compositor de cancións , músico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata - 1997 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBaixo elétrico (pt) Traducir, baixo e piano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0212577 IBDB: 498001
Instagram: johndeacon_ Musicbrainz: a0b77a10-ecff-4b84-b1f3-008391038d67 Songkick: 2069566 Discogs: 268365 Allmusic: mn0000217231 Editar o valor em Wikidata

John Richard Deacon, nado en Leicester o 19 de agosto de 1951, é un músico inglés, hoxe retirado, máis coñecido por ser o baixista e un dos compositores da banda de rock Queen. Foi o último dos catro membros en entrar no grupo e tamén o máis novo, xa que só tiña 19 anos nese momento. Deacon é o autor dun gran número de éxitos de Queen, incluíndo os sinxelos "You're My Best Friend", "Spread Your Wings", "Back Chat", "I Want to Break Free" e o maior éxito de todos, o sinxelo máis vendido da banda nos Estados Unidos, "Another One Bites the Dust", así como outras cancións de practicamente todos os discos de Queen. Tocou tamén a guitarra, o piano e a guitarra clásica en varios álbums, así como os teclados e sintetizadores, e a programación. De xeito diferente aos seus compañeiros, o instrumentista sempre evitou actuar nas voces do grupo, e súa participación limítase ás voces de apoio nalgunhas presentacións en directo. John Deacon é considerado como un dos maiores baixistas do mundo do rock.

Despois do espectáculo Freddie Mercury Tribute Concert, en 1992, o baixista presentouse con Queen e mais co amigo de Mercury, Elton John, nunha única interpretación: "The Show Must Go On" (Elton John inicialmente cantara a canción coa banda no tributo a Freddie Mercury). Deacon contribuíu tamén noutra canción de Queen: "No-One But You (Only The Good Die Young)", lanzada en 1997 no álbum Queen Rocks, e despois diso retirouse da industria da música.

Deacon decidiu non participar no supergrupo Queen+Paul Rodgers, mais apoiou a iniciativa dos excompañeiros de banda. 

Traxectoria

Antes de Queen

Deacon creceu en Oadby, Leicestershire, co seu pai Arthur, a súa nai Lilian e a súa irmá máis nova Julie. Mais en 1962, cando Deacon tiña 11 anos, o seu pai morreu dun ataque cardíaco. Coñecido polos amigos como "Deaks", estudou no Linden Junior School, en Leicester, e no Gartree High School e o Beauchamp College, en Oadby. En Leicester foi onde formou súa primeira banda, a "The Oposition", en 1965, cando tiña catorce anos. Tocaba inicialmente a guitarra, comprada con diñeiro prestado por outro dos outros membros da banda, e logo converteuse en baixista, logo de que o baixista orixinal abandonara por non ter a calidade musical do resto da banda. 

Despois de estar en "The Oposition" durante catro anos, Deacon participou no seu último concerto con ela (que daquela cambiara o nome por "The Art"), en agosto de 1969. O motivo de abandonala foi a súa aceptación para continuar os seus estudos, relacionados coa electrónica, no Chelsea College.

Carreira en Queen

Despois de levar menos dun ano en Londres, con notable éxito académico, decidiu montar alí outra banda. Daquela, o grupo Queen xa estaba formado por Brian May, Freddie Mercury e Roger Taylor, e Deacon foi velos en outubro de 1970. Ao comezo de 1971 un amigo presentoulle a Taylor nunha discoteca, quen lle comunicou que andaban na procura dun baixista para a súa banda. Dous días despois, Deacon fixo unha proba nunha aula do Imperial College de Londres e a partir de aí pasóu a ser o último membro de Queen.

No primeiro álbum de Queen foi presentado como "Deacon John" e pouco despois pasou a aparecer como John Deacon. A súa primeira composición aparece no terceiro álbum do Queen: "Sheer Heart Attack".

Deacon era considerado como o membro "tranquilo" da banda, e tamén se di que era o que controlaba as finanzas. Estaba moi vinculado a Freddie Mercury e non aceptou a continuidade de Queen sen el. A súa derradeira aparición pública coa banda foi nun evento benéfico en favor das vítimas da SIDA en 1997, e a súa última participación directa con Queen foi na gravación de "No-One But You (Only The Good Die Young)".

A partir de aí pasou a vivir en Putney, no suroeste de Londres, coa súa esposa Veronica Tetzlaff, con quen casou o 18 de xaneiro de 1975. A parella tivo seis fillos: Robert (18 de xullo de 1975), Michael (3 de febreiro de 1978), Laura (25 de xuño de 1979), Joshua (13 de decembro de 1983), Luke (5 de decembro 1992) e Cameron (7 de novembro de 1993).

Botando man dos seus coñecementos de enxeñaría electrónica, en varias ocasións creou instrumentos que foron usados pola banda. A súa creación máis famosa é o "Deacy Amp", usado por Brian May e por el mesmo.

Discografía

Véxase a entrada Queen.

Véxase tamén

Ligazóns externas