John Deacon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) John Richard Deacon 19 de agosto de 1951 (73 anos) Leicester, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Cristián |
Educación | King's College de Londres Beauchamp College (en) |
Actividade | |
Ocupación | baixista , guitarrista , compositor de cancións , músico |
Período de actividade | 1965 - 1997 |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Baixo elétrico (pt) , baixo e piano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
John Richard Deacon, nado en Leicester o 19 de agosto de 1951, é un músico inglés, hoxe retirado, máis coñecido por ser o baixista e un dos compositores da banda de rock Queen. Foi o último dos catro membros en entrar no grupo e tamén o máis novo, xa que só tiña 19 anos nese momento. Deacon é o autor dun gran número de éxitos de Queen, incluíndo os sinxelos "You're My Best Friend", "Spread Your Wings", "Back Chat", "I Want to Break Free" e o maior éxito de todos, o sinxelo máis vendido da banda nos Estados Unidos, "Another One Bites the Dust", así como outras cancións de practicamente todos os discos de Queen. Tocou tamén a guitarra, o piano e a guitarra clásica en varios álbums, así como os teclados e sintetizadores, e a programación. De xeito diferente aos seus compañeiros, o instrumentista sempre evitou actuar nas voces do grupo, e a súa participación limítase ás voces de apoio nalgunhas presentacións en directo. John Deacon é considerado como un dos maiores baixistas do mundo do rock.
Despois do espectáculo Freddie Mercury Tribute Concert, en 1992, o baixista presentouse con Queen e mais co amigo de Mercury, Elton John, nunha única interpretación: "The Show Must Go On" (Elton John inicialmente cantara a canción coa banda no tributo a Freddie Mercury). Deacon contribuíu tamén noutra canción de Queen: "No-One But You (Only The Good Die Young)", lanzada en 1997 no álbum Queen Rocks, e despois diso retirouse da industria da música.
Deacon decidiu non participar no supergrupo Queen+Paul Rodgers, mais apoiou a iniciativa dos excompañeiros de banda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de Queen
[editar | editar a fonte]Deacon creceu en Oadby, Leicestershire, co seu pai Arthur, a súa nai Lilian e a súa irmá máis nova Julie. Mais en 1962, cando Deacon tiña 11 anos, o seu pai morreu dun ataque cardíaco. Coñecido polos amigos como "Deaks", estudou no Linden Junior School, en Leicester, e no Gartree High School e o Beauchamp College, en Oadby. En Leicester foi onde formou súa primeira banda, a "The Oposition", en 1965, cando tiña catorce anos. Tocaba inicialmente a guitarra, comprada con diñeiro prestado por outro dos outros membros da banda, e logo converteuse en baixista, logo de que o baixista orixinal abandonara por non ter a calidade musical do resto da banda.
Despois de estar en "The Oposition" durante catro anos, Deacon participou no seu último concerto con ela (que daquela cambiara o nome por "The Art"), en agosto de 1969. O motivo de abandonala foi a súa aceptación para continuar os seus estudos, relacionados coa electrónica, no Chelsea College.
Carreira en Queen
[editar | editar a fonte]Despois de levar menos dun ano en Londres, con notable éxito académico, decidiu montar alí outra banda. Daquela, o grupo Queen xa estaba formado por Brian May, Freddie Mercury e Roger Taylor, e Deacon foi velos en outubro de 1970. Ao comezo de 1971 un amigo presentoulle a Taylor nunha discoteca, quen lle comunicou que andaban na procura dun baixista para a súa banda. Dous días despois, Deacon fixo unha proba nunha aula do Imperial College de Londres e a partir de aí pasóu a ser o último membro de Queen.
No primeiro álbum de Queen foi presentado como "Deacon John" e pouco despois pasou a aparecer como John Deacon. A súa primeira composición aparece no terceiro álbum do Queen: "Sheer Heart Attack".
Deacon era considerado como o membro "tranquilo" da banda, e tamén se di que era o que controlaba as finanzas. Estaba moi vinculado a Freddie Mercury e non aceptou a continuidade de Queen sen el. A súa derradeira aparición pública coa banda foi nun evento benéfico en favor das vítimas da SIDA en 1997, e a súa última participación directa con Queen foi na gravación de "No-One But You (Only The Good Die Young)".
A partir de aí pasou a vivir en Putney, no suroeste de Londres, coa súa esposa Veronica Tetzlaff, con quen casou o 18 de xaneiro de 1975. A parella tivo seis fillos: Robert (18 de xullo de 1975), Michael (3 de febreiro de 1978), Laura (25 de xuño de 1979), Joshua (13 de decembro de 1983), Luke (5 de decembro de 1992) e Cameron (7 de novembro de 1993).
Botando man dos seus coñecementos de enxeñaría electrónica, en varias ocasións creou instrumentos que foron usados pola banda. A súa creación máis famosa é o "Deacy Amp", usado por Brian May e por el mesmo.
Discografía
[editar | editar a fonte]Véxase a entrada Queen.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de John Deacon no QueenOnline, sitio web oficial de Queen (en inglés)
- Fansite de John Deacon (en inglés)