Organización Hidrográfica Internacional: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
{{Commonscat}} |
{{Commonscat}} |
||
*[[Océanos e mares do mundo segundo a OHI]] |
|||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
||
* [http://www.iho.int/ International Hydrographic Organization] |
* [http://www.iho.int/ International Hydrographic Organization] |
Revisión como estaba o 12 de outubro de 2018 ás 12:48
A Organización Hidrográfica Internacional (en inglés International Hydrographic Organization, en francés Organisation hydrographique internationale) é unha organización intergobernamental consultiva e técnica de hidrografía, establecida por un acordo asinado en Mónaco o 3 de maio de 1967 que entrou en vigor en 1970.
A OHI concreta unha cooperación iniciada a comezos do século XX entre os Estados que dispoñían de capacidade para realizar levantamentos hidrográficos e de publicar as súas propias cartas mariñas. No 2006, a Organización Hidrográfica Internacional con sede central en Mónaco, estaba composta por 77 membros.
Obxectivos
É o organismo coordinador dos Servizos Hidrográficos, oficialmente acreditados polos seus respectivos gobernos e os seus obxectivos son:
- Coordinar as actividades das Oficinas Hidrográficas Estatais.
- Lograr estandarización nas publicacións cartográficas e náuticas en xeral.
- Adoptar métodos fiables e eficientes para o procedemento de levantamentos hidrográficos.
- Promover o desenvolvemento das ciencias no eido da hidrografía e das técnicas usadas na oceanografía física.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Organización Hidrográfica Internacional |