Ana Oramas: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
|||
⚫ | |||
'''Ana María Oramas González-Moro''', nada en [[Santa Cruz de Tenerife]] o [[17 de xullo]] de [[1959]], é unha política [[España|española]] que forma parte de [[Coalición Canaria]]. É [[Deputado|deputada]] nacional pola [[Provincia de Santa Cruz de Tenerife|provincia de Tenerife]] desde [[2007]] e portavoz de Coalición Canaria no grupo mixto. Foi tamén alcaldesa de [[San Cristóbal de La Laguna]] desde [[1999]] até [[2008]]. |

==Traxectoria== |
==Traxectoria== |
||
⚫ | |||
Criouse nunha familia numerosa, sendo a maior de 10 irmáns.<ref name=":0">{{Cita web|título=Oramas, perfil de la candidata CC, elecciones generales 2011|url=http://www.rtve.es/noticias/20111103/ana-oramas/466689.shtml|dataacceso=27 de agosto de 2015|data=3 de novembro de 2011|publicación=[[RTVE]]}}</ref> Licenciouse en Ciencias Económicas pola [[Universidade de La Laguna]]. |

Liña 20: | Liña 20: | ||
[[Categoría:Alcaldes das Illas Canarias]] |
[[Categoría:Alcaldes das Illas Canarias]] |
||
[[Categoría:Nados en 1959]] |
[[Categoría:Nados en 1959]] |
||
[[Categoría:Políticos de Coalición Canaria]] |
Revisión como estaba o 9 de outubro de 2018 ás 16:31
Ana María Oramas González-Moro, nada en Santa Cruz de Tenerife o 17 de xullo de 1959, é unha política española que forma parte de Coalición Canaria. É deputada nacional pola provincia de Tenerife desde 2007 e portavoz de Coalición Canaria no grupo mixto. Foi tamén alcaldesa de San Cristóbal de La Laguna desde 1999 até 2008.
Traxectoria
Criouse nunha familia numerosa, sendo a maior de 10 irmáns.[1] Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de La Laguna.
A súa carreira política sempre estivo vinculada a Coalición Canaria. En 1979 foi elixida concelleira no concello de Tenerife, e desde 1991 até 1999 obtivo a acta de deputado no Parlamento de Canarias. Durante o goberno de Manuel Fermoso (1993 a 1999) ocupou diversos cargos na administración autonómica.
En 1999, Coalición Canaria elixiuna para postular á alcaldía de San Cristóbal de La Laguna. Aínda que o seu partido non foi o máis votado, un pacto co Partido Popular outorgoulle o bastón de mando. Desde entón logrou revalidar a alcaldía en 2003 con maioría simple e en 2007 con maioría absoluta, aínda que renunciou ao cargo en 2008 por motivos familiares.[2]
En xuño de 2007 foi elixida deputada nacional no Congreso dos Deputados pola Provincia de Santa Cruz de Tenerife, e desde 2008 é a portavoz de Coalición Canaria na cámara baixa, en substitución de Paulino Rivero.[1] Ademais foi portavoz do grupo mixto en diversas comisións permanentes.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Oramas, perfil de la candidata CC, elecciones generales 2011". RTVE. 3 de novembro de 2011. Consultado o 27 de agosto de 2015.
- ↑ "Ana Oramas: ´Mi etapa como alcaldesa ha terminado y ahora quiero darle una oportunidad a mi familia´". La Opinión de Tenerife. 14 de novembro de 2008. Consultado o 27 de agosto de 2015.