Couto de Lampai: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m →Notas |
||
Liña 28: | Liña 28: | ||
==Notas== |
==Notas== |
||
< |
</references /> |
||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
===Bibliografía=== |
===Bibliografía=== |
Revisión como estaba o 10 de setembro de 2018 ás 09:26
O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.
Localización
Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.
Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.
Marcos
O couto está definido con catro marcos como lindes do terreo.
O marco I está a carón do rego de Tarrío, no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón).
O marco II ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.
O marco III ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit.
Un cuarto marco descubriuse en 2002[1].
Galería de imaxes
Véxase tamén: Imaxes do Couto de Lampai.
-
Marco I
-
Marco II.
-
Marco III.
Notas
</references />