Xabier Fortes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Actor
{{Actor
|imaxe = Xabier Fortes.JPG
|imaxe = Xabier Fortes (cropped).JPG
|imaxetamaño =
|imaxetamaño =
|textoimaxe = Xabier Fortes na manifestación contra a privatización do novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro.
|textoimaxe = Xabier Fortes na manifestación contra a privatización do novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro.

Revisión como estaba o 5 de setembro de 2018 ás 15:29

Modelo:Actor Xabier Fortes López, nado en Pontevedra en 1966, é un xornalista galego.

Traxectoria

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, realizou os seus primeiros traballos xornalísticos en RNE en Vigo, en 1988, e dous anos despois incorporouse a Televisión Española en Galicia, primeiro á delegación de Pontevedra e desde 1998 á de Santiago de Compostela, onde comezou o seu labor como editor e presentador de informativos territoriais. Foi tamén o encargado de conducir e dirixir todos os debates, espazos de entrevistas e programas especiais con motivo das distintas convocatorias electorais en Galicia. En 2007 é nomeado director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia.

En 2011 foi nomeado director e presentador de «La Noche en 24 Horas»[1], o informativo nocturno do Canal 24 Horas.

Ademais, Fortes realizou unha ducia de documentais de variada temática, algúns de carácter deportivo (Os anos do Hai que Roelo) e outros de corte social e divulgativo, como a serie de catro capítulos As Illas do Sur (unha expedición científico-histórica polas illas das rías Baixas). O seu documental «Galicia no espello do tempo», é un repaso ao últimas catro décadas da historia de Galicia e coincidiu co corenta aniversario do Centro Territorial de TVE en Galicia e coa firma do convenio para recuperar e dixitalizar todo o arquivo histórico de cinema de TVE en Galicia.

Vida persoal

É fillo do escritor e militar Xosé Fortes Bouzán e irmán da escritora Susana Fortes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas