Pantera Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Vida persoal: Maria => María
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 12: Liña 12:


== Vida persoal ==
== Vida persoal ==
Estaba casado con Maria Josefa Lorenzo Figueira e tiña dúas fillas: Ana Belén (1982) e Maria Dolores Rodríguez Lorenzo (1989).
Estaba casado con María Josefa Lorenzo Figueira e tiña dúas fillas: Ana Belén (1982) e María Dolores Rodríguez Lorenzo (1989).


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 26 de xullo de 2018 ás 08:31

Infotaula de personaPantera Rodríguez
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 2000 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata
"Pantera" Rodríguez, por Alfonso Vilar Lamelas, Vilaxoán.

Felipe Rodríguez Piñeiro, nado en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) en 1953 e finado na mesma vila o 1 de xuño de 2000, foi un boxeador galego, chamado Pantera Rodríguez.

Traxectoria

Fillo dun mariñeiro, por consello dun antigo boxeador da súa mesma vila, Vicente Martiñán, aos dezaseis anos mudouse a Zaragoza e posteriormente a Madrid para dedicarse ao boxeo. En Madrid debutou como afeccionado en 1972. Nese ano e en 1976 proclamouse campión de España de afeccionados na categoría de pesos pesados. En 1977 pasa a profesional, e gaña por nove veces o título dos pesos pesados, ata que se retira invicto en 1987. Obtivo o título de campión europeo dos pesos pesados en 1978, pero perdeuno aos puntos contra o italiano Lorenzo Zenon en 1979 e non o recuperou contra o francés Lucien Rodriguez en 1981. Pelexou contra o uruguaio Alfredo Evangelista por dúas veces, co resultado de combate nulo ambas.

Cando se retirou do boxeo traballou como vixilante de seguridade na Coruña e logo como presentador no programa de televisión Luar. Posteriormente regresou ao traballo de garda de seguridade.

O 8 de abril de 2000 recibiu unha homenaxe no polideportivo de Fontecarmoa, no Carril e dous meses despois falecía dun tumor cerebral.

Vida persoal

Estaba casado con María Josefa Lorenzo Figueira e tiña dúas fillas: Ana Belén (1982) e María Dolores Rodríguez Lorenzo (1989).

Véxase tamén

Ligazóns externas