Coordinación Democrática: Diferenzas entre revisións
arranxiño |
m engado a Categoría:1976 mediante HotCat |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
[[Categoría:Historia de España do século XX]] |
[[Categoría:Historia de España do século XX]] |
||
[[Categoría:Organizacións políticas de España]] |
[[Categoría:Organizacións políticas de España]] |
||
[[Categoría:1976]] |
Revisión como estaba o 4 de xuño de 2018 ás 17:48
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario MAGHOI (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 5 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Coordinación Democrática, popularmente coñecida como Platajunta, foi un organismo unitario de oposición ao réxime ditatorial creado o 26 de marzo de 1976 mediante a presentación dun manifesto.[1]
Traxectoria
A coalición xurdiu froito da fusión da Junta Democrática de España (establecida en 1974 polo PCE e distintas figuras vinculadas a Don Juan de Borbón, coa adhesión de CCOO, PSP, PTE, ASA e outras personalidades independentes) coa Plataforma de Converxencia Democrática (creada en 1975, como reacción á anterior, polo PSOE, o Movemento Comunista, democristiáns e socialdemócratas). O organizador da fusión da Platajunta foi Antonio García-Trevijano Forte e os obxectivos tiñan catro eixes: a amnistía para presos políticos e sindicais e retorno dos exiliados, exercicio das liberdades políticas e sindicasi, exercicio dos dereitos e liberdades das nacións e rexións do Estados español e a convocatoria de eleccións a Cortes Constituíntes e consulta sobre a forma de estado e de goberno. Agás este último punto, esas ideas foron a base do programa de 1976.[2]
Ese mesmo ano, o 23 de outubro de 1976,[3] Coordinación Democrática ampliouse con novos partidos e organizacións unitarias das rexións con presenza de nacionalismos periféricos -en Cataluña, o Consello ou Comisión Coordinadora de Forzas Políticas de Cataluña-, converténdose na Plataforma de Organismos Democráticos (POD).[3] O fracaso da mesma prodúcese pola actuación non unitaria de moitos dos seus membros, que á marxe dos obxectivos declarados pola Junta, negocian co goberno de Adolfo Suárez o contido da reforma política levada a cabo por este (Lei para a Reforma Política), traizoando estes o seu máis importante obxectivo desde a Platajunta, a saber: a liberdade constituínte.
Notas
- ↑ Santos Juliá. "NI REFORMA, NI RUPTURA: SÓLO UNA TRANSICIÓN DE DICTADURA A DEMOCRACIA" (PDF).
- ↑ Molinero (2014).
- ↑ 3,0 3,1 Bar (1993), p. 82
Véxase tamén
Bibliografía
- Bar Cendón, Antonio (1993). "Una interpretación sobre las causas del régimen franquista y de la transición pacífica a la democracia en España". En Alegre Avila, Juan Manuel; Alfaro Aguila-Real, Jesús. Escritos jurídicos en memoria de Luis Mateo Rodríguez. Universidad de Cantabria. Facultad de Derecho. ISBN 84-8102-007-9.
- Molinero, Carme; Ysás Solanes, Pere (2014). La cuestión catalana: Cataluña en la transición española (ebook). Barcelona: Crítica.