Tecido conxuntivo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
Engado referencia e listaref
Viascos (conversa | contribucións)
→‎Véxase tamén: Engado Bibliografía
Liña 30: Liña 30:


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

=== Bibliografía ===

{{cita libro |apelido= Paniagua Gómez-Álvarez |nome= Ricardo|título= Citología e histología vegetal y animal|edición= 3ª|ano= 2002|editorial= McGraw-Hill - Interamericana de España, S.A.U|lugar= Madrid|lingua= es|isbn= 84-481-9984-7|páxinas= 475, 577-609}}

{{Commons|Connective tissues}}
{{Commons|Connective tissues}}



Revisión como estaba o 19 de maio de 2018 ás 12:36

O tecido conxuntivo, tamén chamado tecido conectivo é un tecido orgánico que serve de sostemento ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculonerviosos. Deriva do mesoderma.[1]

Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en tecido conxuntivo laxo e denso:

  • O tecido conxuntivo laxo abrangue o tecido conectivo mucoso, o tecido conxuntivo reticular e o tecido mesenquimal.
  • O tecido conxuntivo denso abrangue dous tipos: denso regular e denso irregular.

O tecido conxuntivo especializado abrangue o tecido adiposo, o tecido cartilaxinoso, o tecido óseo, o tecido hematopoético e o tecido sanguíneo.

Elementos do tecido conxuntivo

Hai tres compoñentes principais neste tecido: a substancia fundamental, febras diversas e unha serie de células.

Substancia fundamental

A substancia fundamental é un compoñente básico do tecido conxuntivo, de consistencia xelatinosa. Rodea e serve coma recheo para as células e febras do tecido. Permite o transporte de nutrientes e outras substancias cara as células.

Está composto por proteínas e glicosaminoglicanos (condroitín sulfato, heparán sulfato, queratán sulfato e ácido hialurónico). Os glicosaminoglicanos están formados por polisacáridos unidos a proteínas, posteriormente con reación ácida. Posúen numerosos anións, que captan sodio e arrastran auga por solvatación.

Para a preparación histolóxica non pode producirse lavando con auga. Hai que optar por:

  • fixación con vapores de éter-formaldehido de cortes conxelados para microscopía óptica; ou ben
  • conxelación presurizada + criosubstitución + inclusión a baixa temperatura para microscopía electrónica

As tincións máis axeitadas son: ácido periódico de Schiff, ferro coloidal etc.

Febras

No tecido conxuntivo existen diferentes tipos de febras: febras de coláxeno, febras elásticas e microfebras. As febras de coláxeno existen en diversos tecidos e achegan grande estabilidade e resistencia ao tecido. Particularmente áchanse elevadas cantidades destas febras nos tendóns, fascias e outras estruturas febrosas.

Notas

  1. Dorland (1986). Dicionario enciclopédico ilustrado de medicina (en castelán) 3 (26 ed.). Madrid: Interamericana - W.B. Saunders. p. 1547. ISBN 84-7605-223-5. 

Véxase tamén

Bibliografía

Paniagua Gómez-Álvarez, Ricardo (2002). Citología e histología vegetal y animal (en castelán) (3ª ed.). Madrid: McGraw-Hill - Interamericana de España, S.A.U. pp. 475, 577–609. ISBN 84-481-9984-7.