Manuel Martínez González: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 21: | Liña 21: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
===Bibliografía=== |
===Bibliografía=== |
||
*{{Cita libro |título= Historia da literatura galega contemporánea |
*{{Cita libro |título= [[Historia da literatura galega contemporánea]]|nome= Ricardo|apelidos= Carballo Calero|ligazónautor= Ricardo Carballo Calero|coautores= |ano= 1981|editorial= Galaxia|localización= Vigo|isbn= 84-7154-390-7|páxina= |páxinas= 450-453}} |
||
*{{Cita publicación periódica |nome= Francisco|apelidos= López Rodríguez|ano= 1981|título= Lembranza de Manuel Martínez González|revista= Grial|volume= |número= 71|páxinas= 76-79}} |
*{{Cita publicación periódica |nome= Francisco|apelidos= López Rodríguez|ano= 1981|título= Lembranza de Manuel Martínez González|revista= Grial|volume= |número= 71|páxinas= 76-79}} |
||
Revisión como estaba o 10 de marzo de 2018 ás 23:06
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1849 Azuqueca de Henares, España |
Morte | 26 de abril de 1894 (45 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Martínez González, nado en Azuqueca de Henares (Guadalaxara) o 21 de abril de 1849 e falecido o 26 de abril de 1894, foi un poeta galego.
Traxectoria
Manuel Martínez González era fillo dun garda civil natural de Somozas, Juan Martínez, e mais dunha salmantina, Sabina González. Aos seis anos comezou os estudos primarios en Santiago de Compostela, onde fora destinado seu pai. Máis tarde pasou a cursar Dereito na mesma cidade, estudos que rematou en Madrid en 1871.
Posteriormente, Martínez fixo oposicións para notaría, exercendo a profesión, sucesivamente, en Vigo, Cangas e Padrón.
Obra publicada
Boa parte da súa obra poética está espallada por revistas e xornais da época. Só publicou un libro de poemas:
- Poemas gallegos. Pontevedra. Tipografía de José M. Madrigal. 1883.
A pesar do seu título todas as poesías inclusas no libro están redactadas en galego, excepto precisamente, o poema introdutorio do libro: "A Galicia", que está escrito en castelán.
Temática
Os poemas incluídos no seu único libro son de temáticas variadas. Boa parte son de tipo social ou civil, e tratan de diversos aspectos da Galicia da época: "Oda a Alfonso XII" (epón ao monarca unha critica do caciquismo político), "O pobre" (sobre a emigración) ou "A Unión Ibérica", son mostras das preocupacións de Martínez González. Tal como fora corrente na poesía galaica decimonónica, non se esquece de incluír poemas costumistas: "A romería", "Bo consello". A imitación da primeira Rosalía aparece en títulos como "Cantares da aldea" e "Cantares gallegos", e non faltan poesías intimistas e de tipo romántico: "Rimas", "Na eternidá". Hai incluso composicións historicistas ("Rodrigo Gómez") e, un bon ramallete de poemas de circunstancias, adicados expresamente a amizades distintas ("A Don Benito Losada". "No album da señorita Dª Maruxiña León").
Lingua
A escrita de Martínez González é a usual no século XIX, con abundancia de apóstrofes. Utiliza o "y" con matiz arcaicista (rey, nay, ley) e con carácter antihiático (todo o manexa / y é quen o desfay; filliño d'a yalma). Substitúe con o -r- nos grupos con -l- (imposibre, puebro, groria). Usa o seseo de tipo implosivo (xues, arcás). Abundan no léxico os castelanismos popularizados xa na época (decir, puebro, carretera, gallego, diputado) e os vulgarismos (hestoria, auntamento, Madrí, eleutoral).
Véxase tamén
Bibliografía
- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia. pp. 450–453. ISBN 84-7154-390-7.
- López Rodríguez, Francisco (1981). "Lembranza de Manuel Martínez González". Grial (71): 76–79.