Apóstrofe
Aparencia
A apóstrofe é unha figura estilística consistente nunha invocación ou chamada a un ser ausente ou presente, real ou imaxinario, mesmo personificado.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- En "A gaita gallega" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)
- Pobre Galicia, non debes
- chamarte nunca española
- que España de ti se olvida
Obsérvese que tamén hai figura etimolóxica e quizais pleonasmo (española / España).
- En "Unha vez tiven un cravo" (Follas Novas, de Rosalía de Castro)
- "Señor, que todo o podedes
- -pedinlle unha vez a Dios-
- daime valor para arrincar dun golpe
- cravo de tal condición"
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |