Historia de Ourense: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m ct, cc
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
{{enuso}}
'''Ourense''' sitúase no val do [[río Miño]], lugar onde, nos primeiros séculos da nosa era, os romanos descubriron grandes cantidades de ouro, o que sería indispensable para fundar a nova ''Auriense''.

[[Image:Puente romano.jpg|thumb|300px|right|Ponte romana de Ourense]]
[[Image:Puente romano.jpg|thumb|300px|right|Ponte romana de Ourense]]

Liña 25: Liña 24:

O cristianismo chegou a [[Galicia]] no [[século III]], pero a entrada dos bárbaros ([[século V]]) non favoreceu o seu desenvolvemento. Pero a predicación de Martín Dumiense ([[século VI]]) na zona de Ourense e na Corte sueva, fixo que estes se converteran ao Catolicismo, deixando o arrianismo.

[[Image:Catedral Ourense.jpg|thumb|250px|right|A Catedral de Ourense]]
[[Image:Estanque coa Inscripción Latina Calpurnia.JPG|thumb|right|250px|Estanque das burgas coa inscripción de Calpurnia ás Musas]]
Esa conversión ao catolicismo, pode estar relacionada cun milagre que San Martin de Tours lle fixo ao fillo do rei suevo Carriarco. Despois de curalo, o rei, agradecido con San Martín, edificou unha igrexa que se identifica cunha primitiva que se levantaba nun solar da actual Santa María Nai.

Liña 37: Liña 36:

En [[1071]], comeza a restauración de finitiva da man de Sancho II, que pon á fronte da diócese ao bispo Ederonio. Con este bispo comeza a renacer a cidade, levantando sobre as runias do antigo templo suevo, unha nova igrexa. Esta igrexa e o único testimonio que nos queda desa época da cidade.

=== A cidade episcopal ===

Aínda que o bispo Ederonio tivo un papel moi importante dentro da reconstrucción, será o bispo Diego de Velasco ([[1100]] - [[1132]]), o verdadeiro artífice da recuperación. Velasco, aproveitando as "tiranteces" entre as fillas do rei [[Afonso VI]], obtén, en [[1122]], a xurisdicción da cidade, grazas a Tareixa de Portugal.
[[Image:Catedral Ourense.jpg|thumb|300px|left|A Catedral de Ourense]]

Coa propiedade da cidade nas súas mans, comezou a implantar a poboación e a restauración do Pazo Episcopal, que nestes momentos constitue un dos poucos edificios civis de Galicia. Ao paso que se van facendo estas actuacións, o rei [[Afonso VII]], confirmalle a xurisdicción sobre a cidade, concedéndolle ampliacións de terreo que multiplicaron por cinco a súa extensión. Despois de Afonso VII, os reis continuaron a dar todo tipo de privilexios á cidade. Esta época de esplendor que vive a cidade, vai quedar reflectida na construcción da [[Catedral de Ourense|Catedral]]. Esta edificación, de esquema románico, comeza a construirse baixo o mandato do bispo Pedro Seguín ([[1157]] - [[1169]]). Á morte deste, continúa a obra D. Adán. O bispo D. Afonso ([[1174]] - [[1213]]), consagraa traendo reliquias de Tours ([[1188]]). O bispo D. Lorenzo, bo amigo de [[Fernando III]], conclue a nave principal, o Pórtico do Paraíso e a torre das campás.

Éste período de esplendor deixará marca na distribución da cidade, xa que os Pazos Episcopais e a Catedral, convertidos en fortalezas, van a polarizar un novo estiramento da cidade cara o norte e ao arredor da basílica. A porta norte da cidade marcará o camiño cara a Ponte, principak via de comunicación da cidade. Outras rúas paralelas á cara oeste da Catedral, Lepanto, Tendas e Paz, confluirán coas da cara este na Praza do Ferro, saíndo cara a rúa Santo Domingo en busca da Ponte.

Revisión como estaba o 11 de setembro de 2007 ás 15:00

Ourense sitúase no val do río Miño, lugar onde, nos primeiros séculos da nosa era, os romanos descubriron grandes cantidades de ouro, o que sería indispensable para fundar a nova Auriense.

Ponte romana de Ourense

Ourense pre-romano

É moi pouca, ou case nula, a información que se ten desta etapa histórica da cidade. Existen hipóteses que sitúan o emplazamento nos exteriores da actual cidade, ben nas ladeiras de Montealegre, ou no pobo de Tarascón.

A Auriense

Bautizada polos romanos como "A ciadade de ouro" (Auriense) pola súa abundancia neste metal precioso, foi unha das máis importantes cidades da provincia romana de Hispania ata que se esgotaron as súas reservas deste mineral, que se atopaba no Río Miño.

Xardíns das Burgas

A cidade naceu arredor do manantial das Burgas (nome derivado do latín Burca que significa pila). Dende ese emplazamento foronse construíndo as Termas, das cales quedan restos no actual conxunto da fonte das Burgas.

Nun destes manantiais parecéronselle a Calpurnia as Ninfas das augas, ás cales adicu unha ara que se atopa no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Durante esta época, o asentamento de Auriense, constituía un centro secundario da rede de estradas romanas no que se conectaban vías procedentes do sur, e a estrada que comunicaba con Astorga. Polo norte saían dúas estradas que a comunicaban con Lugo e Iria Flavia.

Para salvar o río Miño construíron a ponte romana, da cal na actualidade, só se conserva un arco, xa que a ponte foi sometida a varios procesos de reconstrución ao longo da historia.

A cidade xermánica

O cristianismo chegou a Galicia no século III, pero a entrada dos bárbaros (século V) non favoreceu o seu desenvolvemento. Pero a predicación de Martín Dumiense (século VI) na zona de Ourense e na Corte sueva, fixo que estes se converteran ao Catolicismo, deixando o arrianismo.

Estanque das burgas coa inscripción de Calpurnia ás Musas

Esa conversión ao catolicismo, pode estar relacionada cun milagre que San Martin de Tours lle fixo ao fillo do rei suevo Carriarco. Despois de curalo, o rei, agradecido con San Martín, edificou unha igrexa que se identifica cunha primitiva que se levantaba nun solar da actual Santa María Nai.

A cidade sueva adquire entón grande importancia dentro do reino. Só quedan oito columnas conservadas na actual fachada da Santa María Nai, que poden evidenciar a presenza desa igrexa.

A invasión dos musulmáns tamén afectou ás terras de Ourense, que son arrasadas por frecuentes e devastadoras incursións musulmás. A parte de isto, súmaselle un periodo escuro que vai a durar varios séculos.

Os reis asturianos, intentaron a restauración da cidade, en especial Afonso III, que promoveu a resturacion e repoboación da cidade no século IX, con efectos non moi duradeiros.

O renacer da cidade

En 1071, comeza a restauración de finitiva da man de Sancho II, que pon á fronte da diócese ao bispo Ederonio. Con este bispo comeza a renacer a cidade, levantando sobre as runias do antigo templo suevo, unha nova igrexa. Esta igrexa e o único testimonio que nos queda desa época da cidade.

A cidade episcopal

Aínda que o bispo Ederonio tivo un papel moi importante dentro da reconstrucción, será o bispo Diego de Velasco (1100 - 1132), o verdadeiro artífice da recuperación. Velasco, aproveitando as "tiranteces" entre as fillas do rei Afonso VI, obtén, en 1122, a xurisdicción da cidade, grazas a Tareixa de Portugal.

A Catedral de Ourense

Coa propiedade da cidade nas súas mans, comezou a implantar a poboación e a restauración do Pazo Episcopal, que nestes momentos constitue un dos poucos edificios civis de Galicia. Ao paso que se van facendo estas actuacións, o rei Afonso VII, confirmalle a xurisdicción sobre a cidade, concedéndolle ampliacións de terreo que multiplicaron por cinco a súa extensión. Despois de Afonso VII, os reis continuaron a dar todo tipo de privilexios á cidade. Esta época de esplendor que vive a cidade, vai quedar reflectida na construcción da Catedral. Esta edificación, de esquema románico, comeza a construirse baixo o mandato do bispo Pedro Seguín (1157 - 1169). Á morte deste, continúa a obra D. Adán. O bispo D. Afonso (1174 - 1213), consagraa traendo reliquias de Tours (1188). O bispo D. Lorenzo, bo amigo de Fernando III, conclue a nave principal, o Pórtico do Paraíso e a torre das campás.