Jacobo Varela de Limia: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) m + imaxe |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
|||
[[Ficheiro:Jacobo Varela de Limia 1932.jpg|miniatura|150px|Jacobo Varela de Limia, retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1932.]] |
|||
'''Jacobo Varela de Limia Menéndez''', nado en [[Xixón]] en [[1878]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[2 de febreiro]] de [[1935]], foi un avogado, xornalista e político galego. |
'''Jacobo Varela de Limia Menéndez''', nado en [[Xixón]] en [[1878]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[2 de febreiro]] de [[1935]], foi un avogado, xornalista e político galego. |
||
Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2018 ás 11:42
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1878 Santiago de Compostela, España |
Morte | 2 de febreiro de 1935 (56/57 anos) Santiago de Compostela, España |
Gobernador civil da provincia de Lugo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | José Varela de Limia |
Jacobo Varela de Limia Menéndez, nado en Xixón en 1878 e finado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1935, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid. Exerceu a avogacía en Santiago de Compostela e foi concelleiro. Foi director de Diario de Galicia e El Ideal Gallego, posto que abandonou para ser catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Impulsou numerosos sindicatos agrícolas confesionais e fundou a Federación Católica Agraria da diocese de Santiago de Compostela, da que foi presidente. Desempeñou o cargo de tesoureiro da Confederación Nacional Católica Agraria en Madrid (1921-1924). Vinculado ao maurismo, na ditadura de Primo de Rivera foi gobernador civil de Lugo (1923-1926). Presidiu a Unión Regional de Federaciones Católicas Agrarias e o matadoiro do Porriño. Adscribiuse ao grupo da Democracia Cristiá e ao secretariado de Galicia en Madrid. Publicou en 1918 o folleto rexionalista conservador Orientaciones regionalistas e presentou o relatorio "La cooperación en la producción" no I Congreso Nacional Cerealista de Valladolid (1926).
Obras
- Orientaciones regionalistas, 1918.