José Varela de Limia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | agosto de 1874 Xixón, España |
Morte | 17 de marzo de 1946 (71 anos) Santiago de Compostela, España |
Gobernador civil da provincia de Zamora | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Jacobo Varela de Limia |
José Varela de Limia Menéndez, vizconde de San Alberto, nado en Xixón en agosto de 1874 e finado en Santiago de Compostela o 17 de marzo de 1946,[1] foi un matemático e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Varela López de Limia e Cándida Menéndez Jove-Huergo. Estudou a carreira de Ciencias na Universidade de Madrid e rematou a carreira e foi Doutor en Ciencias Exactas. Foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado provincial polo distrito de Padrón en 1899.[2] Durante o goberno de Antonio Maura foi gobernador civil de León (1907) e Zamora (1907-1908). En 1910 foi candidato a deputado polo distrito de Muros-Negreira fronte a Eugenio Montero Villegas, que foi o finalmente elixido. En 1911 volveu ser candidato polo mesmo distrito fronte a Anselmo Villar Amigo,[3] que foi o finalmente elixido. Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de 1912 a 1919. Foi senador pola Sociedade Económica de Amigos do País de Madrid en 1921, 1922 e 1923. Foi conselleiro do Banco de España. Era dono do pazo Pena do Ouro en Noia.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Segunda Pais Gutiérrez, filla de Pedro Pais Lapido, e foi pai de María, Pedro, Carmen, Pilar e María Teresa Varela Pais.