Doríforo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
engado caixa de modelo
Liña 1: Liña 1:
{{Obra de arte
[[Ficheiro:Doryphoros.jpg|miniatura|200px|A copia do Doríforo de Policleto no museo de [[Nápoles]].]]
| título = Doríforo
| imaxe = Doryphoros MAN Napoli Inv6011-2.jpg
| imaxetamaño =
| textoimaxe =
| artista = [[Policleto]]
| data = [[450 a.C]]-[[440 a.C]]
| material = mármore
| técnica = [[talla]]
| movemento = Arte grega, periodo clásico.
| altura = 212
| largura =
| museo = [[Museo Arqueolóxico Nacional]].
| cidade = [[Nápoles]]
}}

O '''Doríforo''' é unha [[estatua]], orixinalmente de [[bronce]], atribuída ao escultor grego [[Policleto]]. Unha copia [[Roma antiga|romana]] de [[mármore]] de 2.12 metros atópase no [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles]], [[Italia]]
O '''Doríforo''' é unha [[estatua]], orixinalmente de [[bronce]], atribuída ao escultor grego [[Policleto]]. Unha copia [[Roma antiga|romana]] de [[mármore]] de 2.12 metros atópase no [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles]], [[Italia]]



Revisión como estaba o 24 de outubro de 2017 ás 19:53

Doríforo
ArtistaPolicleto
Data450 a.C-440 a.C
Técnicatalla
MovementoArte grega, periodo clásico.
Dimensións212 cm ×  cm
LocalizaciónMuseo Arqueolóxico Nacional. (Nápoles)

O Doríforo é unha estatua, orixinalmente de bronce, atribuída ao escultor grego Policleto. Unha copia romana de mármore de 2.12 metros atópase no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles, Italia

Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta unha lanza ou xavelina na man esquerda. Considérase esta obra como o arquetipo de canon perfecto, polo seu estudio matemático das proporcións ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza, a cal se dividía en tres parte iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man; a perna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man etc.

O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren volume. Outra achega importante do Doríforo é a posición da figura, pois Policleto acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o contraposto, que lle dá efecto de profundidade. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.

O realismo na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Non obstante, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.

O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana, pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior escultura moderna, xa a partir do Século XV.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas