Santos óleos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 9: Liña 9:
O uso de aceite bendicido no [[bautismo]] está testemuñado desde o [[século III]] en documentos da Igrexa primitiva como as ''Constitucións apostólicas'', a ''Tradición apostólica'' e o ''Eucoloxio de Serapión.'' O progresivo desenvolvemento da liturxia cristiá deu como resultado o uso dos distintos óleos.
O uso de aceite bendicido no [[bautismo]] está testemuñado desde o [[século III]] en documentos da Igrexa primitiva como as ''Constitucións apostólicas'', a ''Tradición apostólica'' e o ''Eucoloxio de Serapión.'' O progresivo desenvolvemento da liturxia cristiá deu como resultado o uso dos distintos óleos.


A partir do [[século IV]] empregouse tamén outro tipo aceite santo para substituír o uso das reliquias, difíciles de atopar. Impúxose o costume de facer traer o aceite bendicido que ardía día e noite nas lámpadas diante das tumbas dos santos e os [[Mártir|mártires]] e outros [[Santo|santos]] lugares, como [[Xerusalén]].
A partir do [[século IV]] empregouse tamén outro tipo aceite santo para substituír o uso das reliquias, difíciles de atopar. Impúxose o costume de facer traer o aceite bendicido que ardía día e noite nas lámpadas diante das tumbas dos santos e os [[mártir]]es e outros [[santo]]s lugares, como [[Xerusalén]].


A pesar do seu desenvolvemento, o seu emprego non se estendeu ó ámbito dos [[Sacramento (relixión)|sacramentos]] e a [[Rito romano|liturxia romana]] senón que quedou no marco da devoción popular, vencellado ó uso das reliquias e outros elementos bendicidos como a auga, o pan, as velas, as flores, e a santuarios e [[Templo|templos]] dedicados ó culto de determinados [[santo]]s. No presente, segue existindo esta práctica, aínda que é moi reducida. Leva á conclusión que sen a unción do espírito santo non hai igrexa.
A pesar do seu desenvolvemento, o seu emprego non se estendeu ó ámbito dos [[Sacramento (relixión)|sacramentos]] e a [[Rito romano|liturxia romana]] senón que quedou no marco da devoción popular, vencellado ó uso das reliquias e outros elementos bendicidos como a auga, o pan, as velas, as flores, e a santuarios e [[templo]]s dedicados ó culto de determinados [[santo]]s. No presente, segue existindo esta práctica, aínda que é moi reducida. Leva á conclusión que sen a unción do espírito santo non hai igrexa.


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 4 de abril de 2017 ás 23:03

Aceite santo.

Chámase aceite santo ou santos óleos ou aceite de unción ó aceite bendicido polo bispo na misa crismal e utilizado en diversas cerimonias relixiosas. Tamén serve para primeiras comuñóns, vodas e bautismos.

Historia

No xudaísmo e o cristianismo medieval empregouse para consagrar ós reis. No presente, séguese usando na Igrexa católica e na Igrexa Ortodoxa en diversos sacramentos e cerimonias (considérase sacro). Na unción, o aceite trae a dimensión de morte e resurrección.

Os santos óleos no catolicismo son tres: o "Santo Crisma", usado para ordenacións, confirmacións, bautizos e consagración de altares e igrexas; o "Óleo dos Catecúmenos", usado para unxir ós que están a se preparar para o bautismo; e o "Óleo dos Doentes!, usado no sacramento da unción dos doentes. Estes óleos conságraos o Bispo de cada diocese na Misa Crismal, que celebra na súa catedral usualmente o Xoves Santo pola mañá. Logo, son distribuídos ás parroquias da súa xurisdición.

O uso de aceite bendicido no bautismo está testemuñado desde o século III en documentos da Igrexa primitiva como as Constitucións apostólicas, a Tradición apostólica e o Eucoloxio de Serapión. O progresivo desenvolvemento da liturxia cristiá deu como resultado o uso dos distintos óleos.

A partir do século IV empregouse tamén outro tipo aceite santo para substituír o uso das reliquias, difíciles de atopar. Impúxose o costume de facer traer o aceite bendicido que ardía día e noite nas lámpadas diante das tumbas dos santos e os mártires e outros santos lugares, como Xerusalén.

A pesar do seu desenvolvemento, o seu emprego non se estendeu ó ámbito dos sacramentos e a liturxia romana senón que quedou no marco da devoción popular, vencellado ó uso das reliquias e outros elementos bendicidos como a auga, o pan, as velas, as flores, e a santuarios e templos dedicados ó culto de determinados santos. No presente, segue existindo esta práctica, aínda que é moi reducida. Leva á conclusión que sen a unción do espírito santo non hai igrexa.

Véxase tamén

Bibliografía

  • A. G. Martimort (1987). La Iglesia en oración. Introducción a la liturgia. Barcelona: Editorial Herder. ISBN 84-254-1571-3. 
  • ROBERT, Paul. Dictionnaire alphabétique & analogique de la langue française. S. N. L., París 1972
  • ABBÉ MARTIGNY, Dictionnaire des Antiquités chrétiennes. Librairie de L. Hachette et Compagnie. París, 1865

Outros artigos