República de Nova África: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Historia: Arranxos varios - AWB
Liña 8: Liña 8:
O goberno provisional da república foi establecido nunha conferencia de militantes nacionalistas negros en [[Detroit]] en 1968. A conferencia foi convocada polo avogado [[Milton Henry]] e o seu irmán [[Richard Henry|Richard]], antigos coñecidos de [[Malcolm X]] que renomeáronse eles mesmos como [[Gaidi Obadele]] e [[Imari Abubakari Obadele]]. [[Imari Obadele]] foi elixido como "Presidente Provisional".

O grupo defendía as cooperativas económicas e a autosuficiencia comunitaria, pero tamén apoiaban uns dereitos políticos e liberdades de prensa limitadas, prohibindo os [[sindicato]]s e legalizando a [[poligamia]].

O [[FBI]] pensaba que a República de Nova África era un grupo [[Sedición|sedicioso]], e realizou persecucións contra as súas reunións, o que levou a violentas confrontacións e o arresto e encarceramento repetido de líderes da RNA. O grupo foi un obxectivo da operación [[COINTELPRO]].

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2017 ás 00:31

A Bandeira da República de Nova África foi empregada inicialmente por Marcus Garvey.
O territorio proposto é onde é onde hai unha maior densidade de poboación negra nos Estados Unidos (2000).

A República de Nova África (en inglés: Republic of New Afrika) foi unha comunidade nacionalista negra e grupo político establecido en Detroit, Michigan, Estados Unidos en marzo de 1968 e que reclamaba a creación dun estado soberano afroamericano no sueste dos Estados Unidos.

Historia

O manifesto orixinal da RNA demandaba a cesión por parte dos Estados Unidos dos estados sureños de Luisiana, Mississippi, Alabama, Xeorxia, e Carolina do Sur e o pago de 400 billóns de dólares como reparacións polas inxustizas sufridas polos americanos de raza negra durante os períodos de escravitude e segregación racial. Estas concesións serían as bases para a creación dun estado negro independente.

O goberno provisional da república foi establecido nunha conferencia de militantes nacionalistas negros en Detroit en 1968. A conferencia foi convocada polo avogado Milton Henry e o seu irmán Richard, antigos coñecidos de Malcolm X que renomeáronse eles mesmos como Gaidi Obadele e Imari Abubakari Obadele. Imari Obadele foi elixido como "Presidente Provisional".

O grupo defendía as cooperativas económicas e a autosuficiencia comunitaria, pero tamén apoiaban uns dereitos políticos e liberdades de prensa limitadas, prohibindo os sindicatos e legalizando a poligamia.

O FBI pensaba que a República de Nova África era un grupo sedicioso, e realizou persecucións contra as súas reunións, o que levou a violentas confrontacións e o arresto e encarceramento repetido de líderes da RNA. O grupo foi un obxectivo da operación COINTELPRO.

Trala súa liberación en 1980 de prisión, Imari Obadele asistiu á Universidade e obtivo un título en ciencias políticas. Dende entón ten ensinado en varias universidades e publicado libros e artigos apoiando os obxectivos da RNA.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas