Marcus Garvey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcus Garvey
Marcus Garvey 1924-08-05.jpg
Nacemento17 de agosto de 1887
Lugar de nacementoSaint Ann's Bay
Falecemento10 de xuño de 1940
Lugar de falecementoWest Kensington
CausaIctus
SoterradoCemitério de Kensal Green e National Heroes Park
NacionalidadeXamaica
EtniaJamaicanos de ascendência africana
Alma máterUniversidade do Estado da Califórnia em Fresno e Birkbeck College
Ocupaciónxornalista, emprendedor, político, impresor e sociólogo
CónxuxeAmy Euphemia Jacques Garvey e Amy Ashwood Garvey
PremiosOrdem do Herói Nacional da Jamaica e National Association of Black Journalists Hall of Fame
Na rede
IMDB: nm0308768 Musicbrainz: 074d02d9-570f-42e6-b08f-fc2270c2bc5a Discogs: 438502 WikiTree: Garvey-222 Find a Grave: 7151131 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Marcus Mosiah Garvey Heroe Nacional de Xamaica, nado o 17 de agosto de 1887 e finado o 10 de xuño de 1940, foi un publicista, xornalista, entrepreneur, nacionalista negro, e fundador da Universal Negro Improvement Association and African Communities League (UNIA-ACL).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Garvey, naceu en St. Ann's Bay, Saint Ann Parish, Xamaica de Marcus Mosiah Garvey Sr., un masón, e Sarah Jane Richards, traballadora doméstica e labrega. Dos once fillos da parella só Garvey, e súa irmá Indiana, acadaron a madurez. Do pai de Garvey dicíase que tiña unha grande biblioteca e que foi el quen lle traspasou o amor pola lectura.

Garvey é mellor lembrado por ser un importante fundador do Movemento de Regreso a África Back-to-Africa movement, que animaba aos descendentes de africanos para volver á súa patria ancestral . Este movemento puido inspirar outros, especialmente Nación do Islam (Nation of Islam), ao movemento Rastafari, que reclama a Garvey como un profeta. Garvey dicía defender a ancestralidade africana para "redimir" África e para que as potencias coloniais europeas marchasen de alí.