Ludwig Scotty: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
m engado a Categoría:Nados en Nauru mediante HotCat
Liña 54: Liña 54:
[[Categoría:Nados en 1948]]
[[Categoría:Nados en 1948]]
[[Categoría:Artigos sen imaxes]]
[[Categoría:Artigos sen imaxes]]
[[Categoría:Nados en Nauru]]

Revisión como estaba o 11 de xaneiro de 2017 ás 23:17

Ludwig Derangadage Scotty
presidente de (país): Nauru Nauru
Período de goberno: 22 de xuño de 2004 - 19 de decembro de 2007
Predecesor: René Harris
Sucesor: Marcus Stephen
Nado en: 20 de xuño de 1948
Lugar de nacemento: Anabar, Nauru
Profesión: avogado e político
Partido político -

Ludwig Derangadage Scotty, nado en Anabar o 22 de xuño de 1948, é un avogado e político de Nauru, Presidente do seu país entre o 29 de maio e o 8 de agosto de 2003 e de novo entre o 22 de xuño de 2004 e 19 de decembro de 2007.

Traxectoria

Ludwig Scotty naceu e creceu no distrito de Anabar, onde estudou ata o secundario. Estudou Dereito na Universidade do Pacífico Sur en Fidxi. O 15 de marzo de 1983 foi elixido para o parlamento de Nauru, representando Anabar. Posteriormente foi director do Banco de Nauru e da compañía de aviación Air Nauru.

Despois da curta administración de Derog Gioura, Scotty foi elixido presidente de Nauru con 10 votos a favor e 7 en contra. En agosto de 2003, por un voto de desconfianza do parlamento, foi destituído.

Entre 2003 e 2004 retornou ao parlamento de Nauru e permaneceu na oposición. O 22 de xuño de 2004 retornou á presidencia cando un membro do goberno de Harris renunciou. Ludwig Scotty foi reelixido para o parlamento en outubro do mesmo ano, e a maioría dos seus aliados tamén. No seu segundo goberno tratou de reformar a economía.

O decembro de 2007 deixou novamente debido a un voto de desconfianza.

presidente de Nauru

Segue a:
René Harris
Ludwig Scotty
Precede a:
Marcus Stephen
-

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.