Ludwig Scotty
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1948 (76 anos) Anabar, Nauru (pt) |
Presidente do Parlamento de Nauru | |
11 de xuño de 2013 – 13 de xullo de 2016 ← Godfrey Thoma (en) – Cyril Buraman (en) → | |
Ministro de Finanzas | |
novembro de 2005 – setembro de 2006 | |
Presidente de Nauru | |
22 de xuño de 2004 – 19 de decembro de 2007 ← René Harris (pt) – Marcus Stephen → | |
Presidente de Nauru | |
29 de maio de 2003 – 8 de agosto de 2003 ← Derog Gioura (pt) – René Harris (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do Pacífico Sur |
Actividade | |
Ocupación | político |
Ludwig Derangadage Scotty, nado en Anabar o 22 de xuño de 1948, é un avogado e político de Nauru, Presidente do seu país entre o 29 de maio e o 8 de agosto de 2003 e de novo entre o 22 de xuño de 2004 e 19 de decembro de 2007.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ludwig Scotty naceu e creceu no distrito de Anabar, onde estudou ata o secundario. Estudou Dereito na Universidade do Pacífico Sur en Fidxi. O 15 de marzo de 1983 foi elixido para o parlamento de Nauru, representando Anabar. Posteriormente foi director do Banco de Nauru e da compañía de aviación Air Nauru.
Despois da curta administración de Derog Gioura, Scotty foi elixido presidente de Nauru con 10 votos a favor e 7 en contra. En agosto de 2003, por un voto de desconfianza do parlamento, foi destituído.
Entre 2003 e 2004 retornou ao parlamento de Nauru e permaneceu na oposición. O 22 de xuño de 2004 retornou á presidencia cando un membro do goberno de Harris renunciou. Ludwig Scotty foi reelixido para o parlamento en outubro do mesmo ano, e a maioría dos seus aliados tamén. No seu segundo goberno tratou de reformar a economía.
O decembro de 2007 deixou novamente debido a un voto de desconfianza.