Cayetano Gil Taboada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
{{Eclesiástico |nome = |imaxe = |nota = |data de nacemento = |lugar de nacemento = |en1 = |data de pasamento = |lugar de pasamento = |en2 = |nome secular = |estudos
m engado a Categoría:Arcebispos mediante HotCat
Liña 61: Liña 61:
[[Categoría:Nados en 1688]]
[[Categoría:Nados en 1688]]
[[Categoría:Finados en 1751]]
[[Categoría:Finados en 1751]]
[[Categoría:Arcebispos]]

Revisión como estaba o 23 de decembro de 2016 ás 10:19

Modelo:Eclesiástico Cayetano Gil Taboada, nado en Barcia (Lalín) o 7 de agosto do 1688 e finado en Santiago de Compostela o 12 de maio do 1751, foi bispo da diocese de Lugo entre 1736 e 1745 e arcebispo da arquidiocese de Santiago de Compostela dende 1745 ata o seu pasamento.

Traxectoria

Afillado de Felipe Antonio Gil Taboada, que o apoiou na súa carreira relixiosa. Estudou Filosofía en San Xerome e Xurisprudencia en Fonseca e Valladolid. Foi reitor do Colexio Maior de Fonseca en 1713, catro anos despois de doutorarse.

En 1718 foi nomeado provisor e gobernador eclesiástico e en 1725 cóengo e inquisidor de Sevilla. Trasladado a Compostela, foi inquisidor e administrador do Real Hospital. En 1736 foi nomeado bispo de Lugo, onde rematou o edificio do bispado, que exhibe os seus escudos na fachada. En 1745 foi arcebispo de Santiago, durante o seu mandato construíuse a fachada do Obradoiro, na que está o seu escudo.

Véxase tamén

Ligazóns externas