Bersant Celina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 81: Liña 81:
{{ORDENAR:Celina, Bersant}}
{{ORDENAR:Celina, Bersant}}
[[Categoría:Nados en 1996]]
[[Categoría:Nados en 1996]]
[[Categoría:Dianteiros de fútbol]]
[[Categoría:Centrocampistas de fútbol]]
[[Categoría:Xogadores do FC Twente]]
[[Categoría:Xogadores do FC Twente]]
[[Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Kosovo]]
[[Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Kosovo]]

Revisión como estaba o 26 de outubro de 2016 ás 15:18

Modelo:InfFut2 Bersant Eduar Celina, nado o 9 de setembro de 1996, é un futbolista noruegués-kosovar que xoga como centrocampista para o FC Twente, cedido polo Manchester City.

Traxectoria

Celina medrou na cidade norueguesa de Drammen, onde residiu dende que tiña dous anos.[1] Xogou nas seccións infantís do Strømsgodset IF. En 2012 ofrecéronlle unha bolsa para perfeccionarse na Manchester City Reserves and Academy en Inglaterra, e alí pasou os dous anos seguintes.

Manchester City

O 1 de xullo de 2014, Celina firmou un contrato profesional por tres anos e medio co Manchester City.[2] Ao pouco lesionouse e pasou por cirurxía, mentres estivo en rehabilitación permaneceu co equipo xuvenil.

A finais de decembro de 2014, o adestrador Manuel Pellegrini convocouno para o primeiro equipo por mor do ateigado programa de Nadal do club, con catro partidos nunha semana.[3] Seleccionado para o partido da FA Cupp contra o Sheffield Wednesday o 4 de xaneiro de 2015, non chegou a saír ao campo, e o partido acabou cunha vitoria do City 2–1.[4]

O 19 de xaneiro de 2015 marchou co primeiro equipo e algúns alumnos da academia do club para un campamento de adestramento en Abu Dhabi e Celina fixo a súa primeira aparición no primeiro equipo do City nun amigagle contra o Hamburger SV.[5]

Así e todo o seu primeiro partido oficial co primeiro equipo foi o 9 xaneiro 2016 na FA Cup contra oNorwich City Football Club, saíndo ao terreo de xogo no minturo 85 minutos nunha vitoria 3–0 .[6]

Na Premier League a súa primeira participación foi como substituto nunha derrota 3-1 contra o Leicester City o 6 de febreiro, logrando unha asistencia paraSergio Agüero no único gol do Manchester City.[7].

FC Twente

O 25 de agosto de 2016, Celina uniuse ao equipo da Eredivisie FC Twente cedido por un ano. Debutou o 10 de setembro, como substituto no minuto 67 e logrou o seu primeiro gol para o seu novo equipo .[8]

Carreira internacional

Noruega

Nos seus primeiros anos no nivel internacional, Celina xogou catro veces coa selección de Noruega sub-15 e tres na sub-16. Bård Flovik chamouno para xogar no equipo sub-17 na Eurocopa sub-17, xogou no segundo partido contra Islandia substituíndo no minuto 77 a Joachim Eriksen nun partido que rematou nunha vitoria 2–0 .[9] Xogou tamén na selección sub-21 contra Inglaterra, o 7 de setembro de 2015 como reserva, saínda no minuto 87.

Kosovo

Apenas a FIFA permitiu á selección nacional de Kosovo xogar partidos amigables con outros membros da FIFA, en marzo 2014, convocaron a Celina para o encontro contra Haití.[10] Non chegou a saír ao campo e o partido rematou nun empate sen goles. Volveu ao equipo nacional no encontro contra Omán do 7 de setembro de 2014.[11] Xogou 83 minutos antes de sustituílo Enis Bunjaki, finalmente o partido acabou cunha primeira vitoria histórica para Kosovo, cun 1–0 .[12] 

Notas