Francisco Cabo Pastor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 14: Liña 14:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |artigo= |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=1 |páxina= |editorial=[[Ir Indo Edicións]] }}
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.cronicasdelaemigracion.com/opinion/isaac-otero/el-poeta-ferrolano-francisco-cabo-pastor/20090212142053026182.html El poeta ferrolano Francisco Cabo Pastor]] {{es}}
* [http://www.cronicasdelaemigracion.com/opinion/isaac-otero/el-poeta-ferrolano-francisco-cabo-pastor/20090212142053026182.html El poeta ferrolano Francisco Cabo Pastor]] {{es}}

Revisión como estaba o 22 de outubro de 2016 ás 10:53

Francisco Cabo Pastor, nado en Ferrol en 1872 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 1973, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria

Estudou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Foi médico das Pontes de García Rodríguez. Anticaciquil, foi partidario da emigración, postura que cambiou coa participación en Solidaridad Gallega xunto co seu amigo Rodrigo Sanz, e despois en Acción Gallega. A partir de 1916 incorpórase ao movemento galeguista utilizando o galego e preocupándose polo problema autonomista. Foi tesoureiro das Irmandades da Fala de Ferrol.

Foi conferenciante e colaborou en El Correo Gallego, Galicia e Juventud de Ferrol, Cultura Campesina de Pontedeume, La Antorcha de Cedeira e A Nosa Terra. Debido a unha enfermidade quedou cego ao final da súa vida.

Obras

Obras en galego

Publicou en 1908 ¡Despertad, gallegos! un berro de liberdade e de protesta en contra do caciquismo. En 1919 apareceu Versos Gallegos. Cantigas e cousas da Nosa Terra. En 1924 publicou La Universidad Gallega (Aportaciones para su autonomía). E en 1929 a novela curta Sempre noiva na colección Céltiga.

Obras en castelán

En 1924 apareceu en Madrid Los Une-Borricos. Poema medieval agrario, humorístico e xocoso. E en 1934 publicou Camino de hierro. Apuntes de un ciego en un viaje de El Ferrol a Madrid. En 1935 apareceu Tertulia de rebotica.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas