Domingo Camino: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
[[Categoría:Finados en 1879]]
[[Categoría:Finados en 1879]]
[[Categoría:Arquiveiros]]
[[Categoría:Arquiveiros]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]

Revisión como estaba o 9 de outubro de 2016 ás 19:06

Domingo Camino Sigüer, nado en Santiago de Compostela en 1827 e finado na Coruña o 30 de setembro de 1879[1][2], foi un xornalista e poeta galego.

Traxectoria

Irmán menor de Antonio e Alberto Camino. Bacharel en xurisprudencia non chegou a rematar a carreira de Dereito. Foi axudante do presidio correccional da Coruña e despois arquiveiro-bibliotecario na Deputación da Coruña. Membro do movemento cultural compostelán e, en especial, do Liceo de la Juventud, colaborou na prensa galega e dirixiu a publicación La Ilustración de La Coruña. A primeira composición en galego que se lle coñece é “Virxe garrida”, recollida nas Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los inocentes en el Hospicio de Santiago (1849). Escribiu tamén “O rogo do namorado” (1858), “Os lamentos!” (1861), “Amor sin esperanza” (1864) e a muiñeira “A constansia” (1868).

Obras

Notas

  1. COUCEIRO FREIJOMIL, A. (1951): "CAMINO, Domingo". Entrada en Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores, tomo I, páx. 209 (en castelán).
  2. Necrolóxica en La Ilustración Gallega y Asturiana, 10-10-1879, p. 8.