Darío Barrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 34: Liña 34:
== Obras ==
== Obras ==
* "''Las recetas de Todos contra el chef''", Darío Barrio, setembro de 2006, editado por Aguilar, ISBN 978-84-03-09717-9.<ref>[http://www.casadellibro.com/libro-las-recetas-de-todos-contra-el-chef/9788403097179/1095778 Casa del Libro]</ref>
* "''Las recetas de Todos contra el chef''", Darío Barrio, setembro de 2006, editado por Aguilar, ISBN 978-84-03-09717-9.<ref>[http://www.casadellibro.com/libro-las-recetas-de-todos-contra-el-chef/9788403097179/1095778 Casa del Libro]</ref>
* "''Cocina, disfruta, vive''", Darío Barrio, maio de 2013, editado por La Esfera de Los Libros, ISBN 978-84-9970-809-6.<ref>[http://www.casadellibro.com/libro-cocina-disfruta-vive/9788499708096/2109280 Casa del Libro]</ref>
* "''Cocina, disfruta, vive''", Darío Barrio, maio de 2013, editado por La Esfera de Los Libros, ISBN 978-84-9970-809-6.<ref>[http://www.casadellibro.com/libro-cocina-disfruta-vive/9788499708096/2109280 Casa del Libro]</ref>


== Notas ==
== Notas ==
{{Modelo:Listaref|2}}
{{Listaref|2}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
Liña 43: Liña 43:


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Barrio, Dario}}


{{ORDENAR:Barrio, Dario}}
[[Categoría:Finados en 2014]]
[[Categoría:Finados en 2014]]
[[Categoría:Nados en 1972]]
[[Categoría:Nados en 1972]]

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2016 ás 11:05

Darío Barrio en FITUR do 2009.

Darío Barrio Domínguez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1972 e finado en Segura de la Sierra, Xaén o 6 de xuño de 2014, foi un afamado cociñeiro dentro da cociña española, coñecido por realizar a primeira etapa do programa de televisión Todos contra el Chef, de Cuatro. Faleceu mentres practicaba salto base na pedanía de Caseríos Nuevos, en Segura de la Sierra, Xaén.[1]

Traxectoria

O quinto de seis irmáns, manifestaba a súa inquietude pola cociña desde os 14 anos, nos que alternaba os estudos de Hostalaría (dous anos en Granada e tres anos en As Palmas de Gran Canaria) mentres realizaba prácticas de cociña en diferentes restaurantes de Donostia, Santander, Xirona e Madrid (nesta última cidade, traballou no Restaurante Hellen´s rexentado por uns amigos da familia).[2] Tralos seus estudos en España viaxou por diferentes países de Europa e Estados Unidos durante un período de case 13 anos, cociñando en Zúric, Londres, Bordeos e Pensilvania.

Posuía o restaurante Dassa Bassa en Madrid desde xuño de 2004, no que ademais exercía de cociñeiro.

Faleceu en accidente o 6 de xuño de 2014, no transcurso da primeira xornada da XV Edición do «Festival Internacional de Cine del Aire El Yelmo» de Casaríos Nuevos, en Segura de la Sierra.[3] Precisamente o acto era unha homenaxe a Álvaro Bultó, falecido nas mesmas circunstancias dez meses antes.[4]

Estaba separado de Itziar Ortega e tiña dous fillos varóns con ela, Telmo e Lucas.[5][6][7]

Televisión

Premios

  • (2008) Premio ao Home do ano pola revista Men´s Health.
  • (2006) Premio Aura ao impulso gastronómico
  • (2005) Premio Restaurante Revelación en La luna de Metrópoli.
  • (2005) Premio ao Restaurante Revelación en Madrid Fusión
  • (2002) Segundo clasificado no VIII Campionato de Cociñeiros da Comunidade de Madrid.
  • (2001) Primeiro clasificado no VIII Campionato Oficial de Cociña da Comunidade de Madrid.
  • Premio Amer á Iniciativa Gastronómica.[8]

Obras

Notas

Véxase tamén