Darío Barrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
Liña 3: Liña 3:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
O quinto de seis irmáns, manifestaba a súa inquietude pola cociña desde os 14 anos, nos que alternaba os estudos de Hostalaría (dous anos en [[Granada, España|Granada]] e tres anos en [[As Palmas de Gran Canaria]]) mentres realizaba prácticas de cociña en diferentes restaurantes de [[Donostia]], [[Santander]], [[Xirona]] e [[Madrid]] (nesta última cidade, traballou no Restaurante Hellen´s rexentado por uns amigos da familia).<ref>[http://www.dassabassa.com/dario-barrio/ Dassa Bassa]</ref> Tralos seus estudos en [[España]] viaxou por diferentes países de [[Europa]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] durante un período de case 13 anos, cociñando en [[Zúric]], [[Londres]], [[Bordeos]] e [[Pensilvania]].
O quinto de seis irmáns, manifestaba a súa inquietude pola cociña desde os 14 anos, nos que alternaba os estudos de Hostalaría (dous anos en [[Granada]] e tres anos en [[As Palmas de Gran Canaria]]) mentres realizaba prácticas de cociña en diferentes restaurantes de [[Donostia]], [[Santander]], [[Xirona]] e [[Madrid]] (nesta última cidade, traballou no Restaurante Hellen´s rexentado por uns amigos da familia).<ref>[http://www.dassabassa.com/dario-barrio/ Dassa Bassa]</ref> Tralos seus estudos en [[España]] viaxou por diferentes países de [[Europa]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] durante un período de case 13 anos, cociñando en [[Zúric]], [[Londres]], [[Bordeos]] e [[Pensilvania]].


Posuía o restaurante ''Dassa Bassa'' en Madrid desde xuño de [[2004]], no que ademais exercía de cociñeiro.
Posuía o restaurante ''Dassa Bassa'' en Madrid desde xuño de [[2004]], no que ademais exercía de cociñeiro.

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2016 ás 00:05

Darío Barrio en FITUR do 2009.

Darío Barrio Domínguez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1972 e finado en Segura de la Sierra, Xaén o 6 de xuño de 2014, foi un afamado cociñeiro dentro da cociña española, coñecido por realizar a primeira etapa do programa de televisión Todos contra el Chef, de Cuatro. Faleceu mentres practicaba salto base na pedanía de Casaríos Nuevos, en Segura de la Sierra, Xaén.[1]

Traxectoria

O quinto de seis irmáns, manifestaba a súa inquietude pola cociña desde os 14 anos, nos que alternaba os estudos de Hostalaría (dous anos en Granada e tres anos en As Palmas de Gran Canaria) mentres realizaba prácticas de cociña en diferentes restaurantes de Donostia, Santander, Xirona e Madrid (nesta última cidade, traballou no Restaurante Hellen´s rexentado por uns amigos da familia).[2] Tralos seus estudos en España viaxou por diferentes países de Europa e Estados Unidos durante un período de case 13 anos, cociñando en Zúric, Londres, Bordeos e Pensilvania.

Posuía o restaurante Dassa Bassa en Madrid desde xuño de 2004, no que ademais exercía de cociñeiro.

Faleceu en accidente o 6 de xuño de 2014, no transcurso da primeira xornada da XV Edición do «Festival Internacional de Cine del Aire El Yelmo» de Casaríos Nuevos, en Segura de la Sierra.[3] Precisamente o acto era unha homenaxe a Álvaro Bultó, falecido nas mesmas circunstancias dez meses antes.[4]

Estaba separado de Itziar Ortega e tiña dous fillos varóns con ela, Telmo e Lucas.[5][6][7]

Televisión

Premios

  • (2008) Premio ao Home do ano pola revista Men´s Health.
  • (2006) Premio Aura ao impulso gastronómico
  • (2005) Premio Restaurante Revelación en La luna de Metrópoli.
  • (2005) Premio ao Restaurante Revelación en Madrid Fusión
  • (2002) Segundo clasificado no VIII Campionato de Cociñeiros da Comunidade de Madrid.
  • (2001) Primeiro clasificado no VIII Campionato Oficial de Cociña da Comunidade de Madrid.
  • Premio Amer á Iniciativa Gastronómica.[8]

Obras

Notas

Véxase tamén